Diferenzas entre revisións de «Sociedade Deportiva Compostela»

sen resumo de edición
En 1928 varios estudantes de [[Santiago de Compostela]] decidiron fundar da man de Ramón Castromil Casal o '''Compostela Foot-ball Club''', que militou na [[Primeira Autonómica de Galicia|Serie B galega]] até o estalido da [[Guerra Civil Española|Guerra Civil]], estando considerado daquela o mellor equipo da cidade. Xogaba os seus encontros no antigo campo da [[A Choupana|Choupana]], sendo algúns dos xogadores máis destacados daquela época Pachuco, Jesús Porto Aldrey, os irmáns Pombo, o propio Ramón Castromil ou o futuro refundador da entidade, Elisardo García.
 
A comezos da década dos 40, Ramón Castromil volveu fundar o club con pouco éxito debido ás dificultades da posguerra, vendo entre outras cousas, como o antigo campo da [[A Choupana|Choupana]] desaparecera para construírse no seu lugar o Hospital Gil Casares. Nesa época, o decreto do Estado que impedía os estranxeirismos fixo mudar o nome do club a ''Compostela Club de Fútbol'', sendo popularmente coñecido como ''Club Compostela''. Finalmente, a importancia adquirida polo club anos atrás desaparece en 1946 cando se ve superado pola relevancia do ''Club Deportivo Santiago'', antigo ''Racing Club San Lorenzo'', e remata por desaparecer en detrimento deste e do ''Club Arenal''.
 
=== Nacemento da Sociedade Deportiva Compostela, crecemento e gloria ===
Na primeira tempada deste, a [[Terceira división española 1989/90|1989/90]], o equipo regresou á [[Segunda división B española|Segunda B]], e ao ano seguinte, na [[Segunda división B española 1990/91|tempada 1990/91]], logrou ascender á [[segunda división española|Segunda división]] por primeira vez na súa historia logo de quedar terceiro na fase regular e de vencer no grupo de ascenso, superando no mesmo a [[Club Deportivo Alcoyano]], [[CD Badajoz]] e [[Deportivo Alavés]].
 
O equipo permaneceu na [[segunda división española|Segunda división]] durante tres tempadas: na primeira, a [[Segunda división española 1991/92|1991/92]], quedou sexto, na segunda, a [[Segunda división española 1992/93|1992/93]], duodécimo, e finalmente na terceira, a [[Segunda división española 1993/94|1993/94]], o Compostela foi terceiro e xogou a promoción de ascenso aá [[primeira división española|Primeira división]] fronte ao [[Rayo Vallecano de Madrid]]. Tras remataren ambos encontros en empate (1-1 no [[Campo de Fútbol de Vallecas]] e 0-0 en [[Estadio Multiusos de San Lázaro|San Lázaro]]), disputouse un terceiro xogo de desempate nun campo neutral, o [[Estadio Carlos Tartiere]] de [[Oviedo]], que rematou coa vitoria compostelá por 3 a 1, con goles de [[Christopher Nusa Ohen|Ohen]] (2) e José, e que supuxo o ascenso da ''Esedé'' á [[primeira división española|Primeira división]]. O equipo titular dese partido estivo formado por Iru, [[Modesto II]], Tocornal, [[Modesto I]], Bellido, [[Alberto Bodelón|Bodelón]], [[Agustín Abadía|Abadía]], [[Fabiano Soares Pessoa|Fabiano]], [[Pichi Lucas]], [[Christopher Nusa Ohen|Ohen]] e [[Suso Moure]]. Tamén xogaron Víctor e José.<ref>http://hemeroteca.mundodeportivo.com/preview/1994/06/02/pagina-28/1295069/pdf.html#</ref>
 
A SD Compostela xogou na [[Primeira división española|Primeira división]] catro tempadas consecutivas, de 1994 1998. E tras acadar na primeira delas, a [[Primeira división española 1994/95|1994/95]], a salvación na derradeira xornada na casa ao vencer por 2-0 ao [[CD Tenerife]], púxose punto e final a sete anos de exitosa traxectoria de [[Fernando Castro Santos]] á fronte do equipo. Para a tempada [[Primeira división española 1995/96|1995/96]] o equipo contratou como adestrador a un por aquel entón descoñecido no fútbol profesional [[Fernando Vázquez]], sendo precisamente ese ano cando o equipo asinou a súa mellor tempada da historia, chegando a ser subcampión de inverno só por detrás do [[Atlético de Madrid]] ao termo da primeira volta, para rematar a liga nunha digna décima posición. O equipo xogou en [[Primeira división española|Primeira división]] dúas tempadas máis, a [[Primeira división española 1996/97|1996/97]] e a [[Primeira división española 1997/98|1997/98]], rematando nesta última no posto décimo sétimo e descendendo á [[Segunda división española|Segunda división]] tras perder a promoción contra o [[Villarreal CF|Vilarreal CF]] polo valor dobre dos goles fóra de casa (0-0 no [[Estadio El Madrigal|Estadio do Madrigal]] e 1-1 en [[Estadio Multiusos de San Lázaro|San Lázaro]]).
[[Ficheiro:Compos vs Lugo.jpg|miniatura|Partido do SD Compostela co CD Lugo en Segunda B na tempada 2009-2010.]]
 
A campaña [[Segunda división española 2002/03|2002/03]] foi até agora a última na elite profesional. No seu regreso á [[Segunda División española|Segunda división]], o equipo, dirixido por Luis Ángel Duque, terminou noveno malia estaren os xogadores toda a tempada sen cobrar. O impagamento das débedas a xogadores agravouse cando un xuíz, a falta de 2 días para concluír o prazo de inscrición, determinou que o club debía avalar 13 millóns de [[euro]]s para continuar enna ligas[[Liga profesionaisde Fútbol Profesional]]. Ao non poder presentar dito aval, o equipo foi descendido administrativamente á [[Segunda División B Española|Segunda B]], ocupando o seu lugar na [[Segunda división española|Segunda división]] o [[Club Deportivo Leganés]].
 
=== O afundimento: I Parte ===
Ao mesmo tempo que se iniciaba o proceso de liquidación da [[sociedade anónima]] SD Compostela, creouse en 2004 en Santiago de Compostela outro club (''SD Campus Stellae'') que herdou a xestión e explotación dos dereitos deportivos do club compostelán baixo a fórmula de cesión ao mesmo tempo que asumiu a xestión dos equipos deportivos da sociedade anónima en liquidación. O ex presidente [[José María Caneda]] adquiriu na subhasta pública o nome ''SD Compostela'', e posteriormente pasou a ocupar a presidencia da ''SD Campus Stellae''. Esta operación permitiu ''refundar'' o equipo, xa que xuridicamente se trataba doutro club (''SD Campus Stellae'') que carecía de débedas e que xestionaba os equipos deportivos da entidade que estaba a ser liquidada, utilizando a marca deportiva ''SD Compostela''.<ref>http://www.lavozdegalicia.es/deportes/2011/01/30/0003_201101G30P60992.htm</ref> Isto permitiulle competir en categorías nacionais con este nome, pese á oposición dos administradores concursais do equipo.<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2006/09/07/5087807.shtml Los administradores desautorizan a Caneda ] (La Voz de Galicia, 07.09.2006)</ref>
 
Tras catro tempadas en [[Preferente Autonómica de Galicia|Preferente Autonómica]], desde 2004 a 2008, finalmente o club conseguiu o ascenso aá [[Terceira División española|Terceira división]] na [[Preferente Autonómica de Galicia 2007/2008|tempada 2007/2008]], e iniciou a [[Terceira División española 2008/2009|tempada 2008/2009]] co obxectivo de ascender á [[Segunda División B española|Segunda B]], conseguíndoo ao final da campaña tras proclamarse campión e imporse na promoción de ascenso ao Atlético Monzón aragonés (3-0 e 2-1).<ref>[http://www.elcorreogallego.es/index.php?idMenu=561&int1=301961&idGaleria=1983 "El Compostela regresa a tercera"], ''[[El Correo Gallego]]''.</ref>
 
=== O afundimento: II Parte ===
A [[Segunda División B española 2009/10|tempada 2009/10]] non foi boa para a SD Compostela e de novo volveron repetirse os mesmos erros do pasado. Así, os impagamentos continuados, as ameazas de folga por parte dos xogadores, moitasas débedas acumuladas e uno mal inicio de liga, condenaron á SD Compostela ao descenso, que se fixo oficial a falta dunhas xornadas para o final da liga. A tempada foi moi mala pero tivo os seus bos momentos, como ser o primeiro equipo en puntuar en [[Estadio Municipal de Ipurua|Ipurua]], feudo da [[SD Eibar]], tras ir perdendo 2-0, ou as vitorias a domicilio nos derbis xogados en [[Estadio Municipal de Pasarón|Pasarón]] e na [[Estadio Municipal da Malata|Malata]] ante o [[Pontevedra CF]] e o [[Racing de Ferrol]].
 
Tras esa desastrosa [[Segunda División B española 2009/10|tempada 2009/10]], a tempada seguinte o Compos volveu aá [[Preferente Autonómica de Galicia|Preferente Autonómica]], acumulando de novo ao descenso deportivo un descenso administrativo por impagamentos,<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/deportes/2010/08/02/00031280767408122209270.htm?idioma=galego "O Compostela descende a Preferente"], artigo en ''[[La Voz de Galicia]]'', 2 de agosto de 2010.</ref> ao tempo que a [[Federación Galega de Fútbol]] instaba ao club a utilizar o nome de ''SD Campus Stellae'' e non o de ''SD Compostela'' que viña utilizando.<ref>http://sd-compostela.blogspot.com.es/2010/08/entrevista-al-presi-gayoso-en-la-voz-de.html</ref> Ademais, ese mesmo ano producíase o arquivo definitivo do concurso da sociedade anónima deportiva.<ref>https://www.boe.es/boe/dias/2011/01/26/pdfs/BOE-B-2011-2537.pdf</ref>
 
=== O rexurdimento: II Parte ===
En febreiro de 2011, Antonio Quinteiro, un empresario de [[Lestedo, Boqueixón|Lestedo]] que de xove xogara nas categorías inferiores do club, comproulle o club a [[José María Caneda|Caneda]] coa intención de sanealo e de levalo de novo a categoría profesional.<ref>http://sd-compostela.blogspot.com.es/2011/02/es-definitivo.html</ref> Así, unha directiva renovada, procedente da área empresarial e profesional e coñecedora do mundo futbolístico, fíxose cargo dun equipo que ía á deriva a comezos de 2011 tras adquirir todos os dereitos legais, facer fronte ás débedas acumuladas e lograr a recuperación do nome fundacional,<ref> [http://www.elpais.com/articulo/Galicia/nuevo/futuro/Compostela/elpepiautgal/20110314elpgal_12/Tes]</ref> extremo confirmado pola [[Federación Galega de Fútbol|FGF]] o 22 de xullo de 2011.<ref>http://www.lavozdegalicia.es/deportes/2011/07/23/0003_201107S23C10996.htm</ref> Desde entón a entidade volvevolveu denominarse ''SD Compostela'' e tentivo entre os seus retos inmediatos volver ás categorías de honra do fútbol español co apoio de toda a cidade e a comarca. Nesa primeira tempada do novo equipo directivo, a [[Preferente Autonómica de Galicia 2010/11|2010/2011]], o equipo logrou endereitar o rumbo na segunda volta, pero rematou a liga na oitava posición, lonxe dos postos de ascenso.
 
ANa seguinte campaña, a primeira completa de Quinteiro á fronte da nave compostelanista, o equipo proclamouse campión da [[Preferente Autonómica de Galicia 2011/12]] e ascendeu á [[Terceira División española|Terceira división]] da man do adestrador [[Anxo Casalderrey]], xusto no ano do seu 50 aniversario. Tan só un ano máis tarde, e xa con [[Alfredo Álvarez Paredes|Fredi Álvarez]] como adestrador, rematou a [[Terceira división española 2012/13|fase regular da Terceira]] ocupando o terceiro posto, o que lle outorgou o dereito a participar na fase de ascenso a [[Segunda División B española|Segunda B]]. O 30 de xuño de 2013 conseguiu o ansiado ascenso á [[Segunda División B española|categoría de bronce do fútbol español]] ao superar ao CD Cieza (2-0 e 0-2) na terceira eliminatoria do playoff, tras eliminar previamente ao CD Ebro (4-0 e 2-2) e á AD San Juan (3-0 e 1-1).
 
No seu regreso á [[Segunda División B española|Segunda B]], o equipo dirixido por [[Alfredo Álvarez Paredes|Fredi]] rematou a [[Segunda división B española 2013/14|tempada 2013/14]] en décimo terceira posición, logrando así a permanencia.
Usuario anónimo