Diferenzas entre revisións de «Sociedade Deportiva Compostela»

sen resumo de edición
 
=== Nacemento da Sociedade Deportiva Compostela, crecemento e gloria ===
Coa desaparición do ''Club Santiago'' no ano 1962, e coa escasa relevancia do ''Club Arenal'' na cidade de [[Santiago de Compostela|Santiago]], varios ex socios do desaparecido ''Club Compostela'' decidiron fundar unha nova entidade o 26 de xuño de 1962, comezando de novo nas divisións rexionais galegas, baixo o nome de '''Sociedade Recreativa Compostela'''. O 28 de outubro do mesmo ano, o ''Club Arenal'' fusionouse coa ''SR Compostela'' pasando o club a denominarse '''Sociedade Deportiva Compostela''' e pasando o ''Club Arenal'' a desempeñar as funcións de equipo filial. Tras varios anos alternando a [[Preferente Autonómica de Galicia|Serie A rexional]] e a [[Terceira División española|Terceira división]], logrou o ascenso á [[Segunda División B española|Segunda división B]] na tempada da creación da categoría, a [[Segunda división B española 1977/78|1977/78]].
 
Desde entón e durante os anos oitenta, a SD Compostela alternou a [[Segunda División B española|Segunda B]] coa [[Terceira División española|Terceira]] até que a finais da década a historia do club mudaría para sempre coa chegada á presidencia do empresario santiagués do sector da electricidade [[José María Caneda]] en 1988, e a incorporación en 1989 do adestrador [[Fernando Castro Santos]].<ref>[http://www.anosaterra.org/nova/que-foi-do-compos-hai-dez-anos-en-primeira-.html "Que foi do Compostela, hai dez anos en primeira?"], ''[[A Nosa Terra (1977)|A Nosa Terra]]'', 26 de outubro de 2008.</ref>
Na primeira tempada deste, a [[Terceira división española 1989/90|1989/90]], o equipo regresou á [[Segunda división B española|Segunda B]], e ao ano seguinte, na [[Segunda división B española 1990/91|tempada 1990/91]], logrou ascender á [[segunda división española|Segunda división]] por primeira vez na súa historia logo de quedar terceiro na fase regular e de vencer no grupo de ascenso, superando no mesmo a [[Club Deportivo Alcoyano]], [[CD Badajoz]] e [[Deportivo Alavés]].
 
O equipo permaneceu na [[segunda división española|Segunda división]] durante tres tempadas: na primeira, a [[Segunda división española 1991/92|1991/92]], quedou sexto, na segunda, a [[Segunda división española 1992/93|1992/93]], duodécimo, e finalmente na terceira, a [[Segunda división española 1993/94|1993/94]], o Compostela foi terceiro e xogou a promoción de ascenso a [[primeira división española|Primeira división]] fronte ao [[Rayo Vallecano|Raio Vallecano de Madrid]]. Tras remataren ambos encontros en empate (1-1 no [[Campo de Fútbol de Vallecas]] e 0-0 en [[Estadio Multiusos de San Lázaro|San Lázaro]]), disputouse un terceiro xogo de desempate nun campo neutral, o [[Estadio Carlos Tartiere]] de [[Oviedo]], que rematou coa vitoria compostelá por 3 a 1, con goles de [[Christopher Nusa Ohen|Ohen]] (2) e José, e que supuxo o ascenso da ''Esedé'' á [[primeira división española|Primeira división]]. O equipo titular dese partido estivo formado por Iru, [[Modesto II]], Tocornal, [[Modesto I]], Bellido, [[Alberto Bodelón|Bodelón]], [[Agustín Abadía|Abadía]], [[Fabiano Soares Pessoa|Fabiano]], [[Pichi Lucas]], [[Christopher Nusa Ohen|Ohen]] e [[Suso Moure]]. Tamén xogaron Víctor e José.<ref>http://hemeroteca.mundodeportivo.com/preview/1994/06/02/pagina-28/1295069/pdf.html#</ref>
 
A SD Compostela xogou na [[Primeira división española|Primeira división]] catro tempadas consecutivas, de 1994 1998. E tras acadar na primeira delas, a [[Primeira división española 1994/95|1994/95]], a salvación na derradeira xornada na casa ao vencer por 2-0 ao [[CD Tenerife]], púxose punto e final a sete anos de exitosa traxectoria de [[Fernando Castro Santos]] á fronte do equipo. Para a tempada [[Primeira división española 1995/96|1995/96]] o equipo contratou como adestrador a un por aquel entón descoñecido no fútbol profesional [[Fernando Vázquez]], sendo precisamente ese ano cando o equipo asinou a súa mellor tempada da historia, chegando a ser subcampión de inverno só por detrás do [[Atlético de Madrid]] ao termo da primeira volta, para rematar a liga nunha digna décima posición. O equipo xogou en [[Primeira división española|Primeira división]] dúas tempadas máis, a [[Primeira división española 1996/97|1996/97]] e a [[Primeira división española 1997/98|1997/98]], rematando nesta última no posto décimo sétimo e descendendo aá [[Segunda división española|Segunda división]] tras perder a promoción contra o [[Villarreal CF|Vilarreal CF]] polo valor dobre dos goles fóra de casa (0-0 no [[Estadio El Madrigal|Estadio do Madrigal]] e 1-1 en [[Estadio Multiusos de San Lázaro|San Lázaro]]).
 
'''Equipo da SD Compostela na [[Primeira división española 1995/96|campaña 1995/96]]''', con [[Fernando Vázquez]] de adestrador:<ref>[http://www.bdfutbol.com/es/t/t1995-9612.html Plantilla SD Compostela 1995-96. BD Fútbol]</ref>
</center>
 
O presidente da entidade tomou o descenso como unha tempada de transición, e tentou recuperar a [[Primeira división española|máxima categoría]]. Para isto non escatimou en gastos, mantendo boa parte da formación anterior e fichando outros xogadores de renome, como os internacionais [[Fernando Martínez Perales|Nando]] e [[Dmitri Radchenko]]. Porén, o equipo quedourematou oitavo na clasificación, e os problemas económicos comezaron a facerse patentes. Así as cousas, na seguinte campaña, a [[Segunda división española 1999/00|1999/00]], o equipo estivo a piques de descender, e finalmente na tempada [[Segunda división española 2000/01|2000/01]] descendeu aá [[Segunda División B Española|Segunda B]] tras rematar a liga no posto décimo noveno da clasificación.
 
Nesa categoría volveuse cometer o erro de manter a formación da campaña anterior cos mesmos salarios, e as débedas levaron consigo atrasos e complicacións nos pagamentos. Aínda así, o equipo terminou terceiro na campaña [[Segunda división B española 2001/02|2001/02]], e superou na liguiña de ascenso a [[Mérida Unión Deportiva]], [[Valencia CF Mestalla]] e [[FC Barcelona B]], volvendo aá [[Segunda División española|Segunda división]] tan só un ano despois do seu descenso.
 
[[Ficheiro:Compos vs Lugo.jpg|miniatura|Partido do SD Compostela co CD Lugo en Segunda B na tempada 2009-2010.]]
 
A campaña [[Segunda división española 2002/03|2002/03]] foi até agora a última na elite profesional. No seu regreso aá [[Segunda División española|Segunda división]], o equipo, dirixido por Luis Ángel Duque, terminou noveno malia estaren os xogadores toda a tempada sen cobrar. O impagamento das débedas a xogadores agravouse cando un xuíz, a falta de 2 días para concluír o prazo de inscrición, determinou que o club debía avalar 13 millóns de [[euro]]s para continuar en ligas profesionais. Ao non poder presentar dito aval, o equipo foi descendido administrativamente aá [[Segunda División B Española|Segunda B]], ocupando o seu lugar na [[Segunda división española|Segunda división]] o [[Club Deportivo Leganés]].
 
=== O afundimento: I Parte ===
Usuario anónimo