Diferenzas entre revisións de «Sociedade Deportiva Compostela»

sen resumo de edición
Na primeira tempada deste, a [[Terceira división española 1989/90|1989/90]], o equipo regresou á [[Segunda división B española|Segunda B]], e ao ano seguinte, na [[Segunda división B española 1990/91|tempada 1990/91]], logrou ascender á [[segunda división española|Segunda división]] por primeira vez na súa historia logo de quedar terceiro na fase regular e de vencer no grupo de ascenso, superando no mesmo a [[Club Deportivo Alcoyano]], [[CD Badajoz]] e [[Deportivo Alavés]].
 
O equipo permaneceu na [[segunda división española|Segunda división]] durante tres tempadas: na primeira, a [[Segunda división española 1991/92|1991/92]] quedou sexto, na segunda, a [[Segunda división española 1992/93|1992/93]], duodécimo, e finalmente na terceira, a [[Segunda división española 1993/94|1993/94]], a SD Compostela quedou de terceira e xogou a promoción de ascenso a [[primeira división española|Primeira división]] fronte ao [[Rayo Vallecano|Raio Vallecano de Madrid]]. Tras remataren ambos encontros en empate (1-1 no [[Campo de Fútbol de Vallecas]] e 0-0 en [[Estadio Multiusos de San Lázaro|San Lázaro]]), disputouse un terceiro xogo de desempate nun campo neutral, o [[Estadio Carlos Tartiere]] de [[Oviedo]], que rematou coa vitoria compostelá por 3 a 1, con goles de [[Christopher Nusa Ohen|Ohen]] (2) e José, e que supuxo o ascenso da ''Esedé'' aá [[primeira división española|Primeira división]]. O equipo titular dese partido estivo formado por Iru, [[Modesto II]], Tocornal, [[Modesto I]], Bellido, [[Alberto Bodelón|Bodelón]], [[Agustín Abadía|Abadía]], [[Fabiano Soares Pessoa|Fabiano]], [[Pichi Lucas]], [[Christopher Nusa Ohen|Ohen]] e [[Suso Moure]]. Tamén xogaron Víctor e José.<ref>http://hemeroteca.mundodeportivo.com/preview/1994/06/02/pagina-28/1295069/pdf.html#</ref>
 
A SD Compostela xogou na [[Primeira división española|Primeira división]] catro tempadas consecutivas, de 1994 1998. E tras acadar na primeira delas, a [[Primeira división española 1994/95|1994/95]], a salvación na derradeira xornada na casa ao vencer por 2-0 ao [[CD Tenerife]], púxose punto e final a sete anos de exitosa traxectoria de [[Fernando Castro Santos]] á fronte do equipo. Para a tempada [[Primeira división española 1995/96|1995/96]] o equipo contratou como adestrador a un por aquel entón descoñecido no fútbol profesional [[Fernando Vázquez]], sendo precisamente ese ano cando o equipo asinou a súa mellor tempada da historia, chegando a ser subcampión de inverno só por detrás do [[Atlético de Madrid]] ao termo da primeira volta, para rematar a liga nunha digna décima posición. O equipo xogou en [[Primeira división española|Primeira división]] dúas tempadas máis, a [[Primeira división española 1996/97|1996/97]] e a [[Primeira división española 1997/98|1997/98]], rematando nesta última no posto décimo sétimo e descendendo a [[Segunda división española|Segunda división]] tras perder a promoción contra o [[Villarreal CF|Vilarreal CF]] polo valor dobre dos goles fóra de casa (0-0 no [[Estadio El Madrigal|Estadio do Madrigal]] e 1-1 en [[Estadio Multiusos de San Lázaro|San Lázaro]]).
 
 
O presidente da entidade tomou o descenso como unha tempada de transición, e tentou recuperar a [[Primeira división española|máxima categoría]]. Para isto non escatimou en gastos, mantendo boa parte da formación anterior e fichando outros xogadores de renome, como os internacionais [[Fernando Martínez Perales|Nando]] e [[Dmitri Radchenko]]. Porén, o equipo quedou oitavo, e os problemas económicos comezaron a facerse patentes. Así as cousas, nasna dúasseguinte seguintescampaña, campañas naa [[Segunda división española 1999/00|división de prata1999/00]], o equipo tivoestivo complicaciónsa piques de deportivasdescender, e finalmente na tempada [[Segunda división española 2000/01|2000/01]] descendeu a [[Segunda División B Española|Segunda B]] tras rematar a liga no posto décimo noveno da clasificación.
 
Nesa categoría volveuse cometer o erro de manter a formación da campaña anterior cos mesmos salarios, e as débedas levaron consigo atrasos e complicacións nos pagamentos. Aínda así, o equipo terminou terceiro na campaña [[Segunda división B española 2001/02|2001/02]], e superou na liguiña de ascenso a [[Mérida Unión Deportiva]], [[Valencia CF Mestalla]] e [[FC Barcelona B]], volvendo a [[Segunda División española|Segunda división]] tan só un ano despois do seu descenso.
 
=== O afundimento: II Parte ===
A [[Segunda División B española 2009/10|tempada 2009/10]] non foi boa para a SD Compostela e de novo volveron repetirse os mesmos erros do pasado. Así, os impagamentos continuados, as ameazas de folga por parte dos xogadores, moitas débedas e un mal inicio de liga, condenaron á SD Compostela ao descenso, que se fixo oficial a falta dunhas xornadas para o final da liga. A tempada foi moi mala pero tivo os seus bos momentos, como ser o primeiro equipo en puntuar en [[Estadio Municipal de Ipurua|Ipurua]], feudo da [[SD Eibar]], tras ir perdendo 2-0, ou as vitorias a domicilio nos derbis xogados en [[Estadio Municipal de Pasarón|Pasarón]] e na [[Estadio Municipal da Malata|Malata]] ante o [[Pontevedra CF]] e o [[Racing de Ferrol]].
 
Tras a desastrosa [[Segunda División B española2009/10|tempada 2009/10]] en [[Segunda División B española]], a tempada seguinte o Compos volveu a Preferente, acumulando de novo ao descenso deportivo un descenso administrativo por impagamentos,<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/deportes/2010/08/02/00031280767408122209270.htm?idioma=galego "O Compostela descende a Preferente"], artigo en ''[[La Voz de Galicia]]'', 2 de agosto de 2010.</ref> ao tempo que a [[Federación Galega de Fútbol]] instaba ao club a utilizar o nome de SD Campus Stellae e non o de SD Compostela que viña utilizando normalmente.<ref>http://sd-compostela.blogspot.com.es/2010/08/entrevista-al-presi-gayoso-en-la-voz-de.html</ref> Ademais, ese mesmo ano producíase o arquivo definitivo do concurso da sociedade anónima deportiva.<ref>https://www.boe.es/boe/dias/2011/01/26/pdfs/BOE-B-2011-2537.pdf</ref>
[[Ficheiro:Vista do Estadio de San Lázaro.jpg|miniatura|250px|Vista do estadio.]]
{{AP|Estadio Multiusos de San Lázaro}}
Actualmente o club disputa os seus encontros como local no [[Estadio Multiusos de San Lázaro]], un estadio multiusos, inaugurado o 24 de xuño de 1993 e que é propiedade do [[Concello de Santiago]],. Foi obra do arquitecto Andrés Fernández-Albalat Lois e que conta cun aforo de 13.000 espectadores. É de herba natural e posúe unhas dimensións de 105 x 68 metros. Atópase situado na Avenida de Fernando Casas Novoa, ao noroeste da cidade, no barrio de [[San Lázaro, Santiago de Compostela|San Lázaro]].
O terreo de xogo atópase rodeado por unha pista de atletismo, mentres que nos arredores do estadio, o club dispón dun campo de fútbol anexo para os adestramentos, cunhas dimensións de 105 x 68 metros. Conta ademais cun aparcadoiro ao redor do recinto con capacidade para 2.000 vehículos.
 
Usuario anónimo