Sociedade Deportiva Compostela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 84:
[[Ficheiro:Compos vs Lugo.jpg|miniatura|Partido do SD Compostela co CD Lugo en Segunda B na tempada 2009-2010.]]
 
A campaña [[Segunda división española 2002/03|2002/03]] foi até agora a última na elite profesional. No seu regreso a [[Segunda División española|Segunda división]], o equipo, dirixido por Luis Ángel Duque, terminou noveno malia estaren os xogadores toda a tempada sen cobrar. O impagamento das débedas a xogadores agravouse cando un xuíz, a falta de 2 días para concluír o prazo de inscrición, determinou que o club debía avalar 13 millóns de [[euro]]s para continuar en ligas profesionais. Ao non poder presentar dito aval, o equipo foi descendido administrativamente a [[Segunda División B Española|Segunda B]], ocupando o seu lugar na [[Segunda división española|Segunda división]] o [[Club Deportivo Leganés]].
 
=== O afundimento: I Parte ===
Tras o descenso e a marcha da inmensa maioría dos xogadores que non perceberan as súas débedas, a formación compostelá afrontou a tempada con moi poucos efectivos e finalmente, tras unha pésima campaña na que os problemas económicos non desapareceron, a SD Compostela rematou a [[Segunda división B española 2003/2004| tempada 2003/2004]] en penúltima posición do Grupo II de [[Segunda B]] consumando o seu descenso á [[Terceira División española|Terceira]],. maisMais o impagamento das débedas contraídas con xogadores e empresas, estimadas en máis de mil millóns de [[peseta]]s, provocou ademais un novo descenso administrativo, desta vez á [[Preferente Autonómica de Galicia|Preferente Autonómica galega]], categoría á que o ''Compos'' voltaba case trinta anos despois. Así as cousas, e co club ao bordo da desaparición,<ref>[http://www.libertaddigital.com:83/php3/noticia.php3?fecha_edi_on=2004-04-12&num_edi_on=1371&cpn=1276219971&seccion=DEP_D "El Compostela, al borde de la desaparición al reconocer los accionistas que no pueden pagar la deuda"] ''Libertad Digital'', 12 de abril de 2004 {{es}}.</ref> nese mesmo ano 2004 ao xunta xeralconsello de accionistasadministración aprobou liquidariniciar ao proceso de liquidación da entidade, pese á oposición dalgúns socios e do ex presidente, [[José María Caneda]]. No verán de 2006 subhastáronse todos os bens do equipo, incluídos os trofeos do club, a marca ''SD Compostela'', os accesorios de lavandería, os coches do club, o material de oficina ou os sistemas de calefacción.<ref>[http://www.elcorreogallego.es/index.php?idEdicion=168&idNoticia=50608. Se puso en marcha la subasta de los bienes del Compostela] (El Correo Gallego, 01.06.2006)</ref> Nesa subhasta o ex presidente José Albarrán pagou 61.000 euros por todos os trofeos logrados polo equipo nos seus máis de 40 anos de historia para que estes non se perderan.<ref>[http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idEdicion=202&idNoticia=61618 El ex presidente José Albarrán pagará 61.260 euros por los trofeos de la SD] (Galicia Hoxe, 4.7.2006) </ref>
 
=== O rexurdimento: I Parte ===
Ao mesmo tempo que se iniciaba o proceso de liquidación da [[sociedade anónima]] SD Compostela, creouse en 2004 en Santiago de Compostela outro club (SD Campus Stellae) que herdou osa xestión e explotación dos dereitos deportivos do club compostelán baixo a fórmula de cesión ao mesmo tempo que asumiu a xestión dos equipos deportivos da sociedade anónima en liquidación. O ex presidente [[José María Caneda]] adquiriu na subhasta pública o nome "SD Compostela", e posteriormente pasou a ocupar a presidencia da SD Campus Stellae. Esta operación permitiu ''refundar'' o equipo, xa que xuridicamente se trataba doutro club (SD Campus Stellae) que carecía de débedas e que xestionaba os equipos deportivos da entidade que estaba a ser liquidada, utilizando a marca deportiva ''SD Compostela''.<ref>http://www.lavozdegalicia.es/deportes/2011/01/30/0003_201101G30P60992.htm</ref> Isto permitiulle competir en categorías nacionais con este nome, pese á oposición dos administradores concursais do equipo.<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2006/09/07/5087807.shtml Los administradores desautorizan a Caneda ] (La Voz de Galicia, 07.09.2006)</ref>
 
Tras catro tempadas en [[Preferente Autonómica de Galicia|Preferente Autonómica]], desde 2004 a 2008, finalmente o club conseguiu o ascenso a [[Terceira División española|Terceira]] na [[Preferente Autonómica de Galicia 2007/2008|tempada 2007/2008]], e iniciou a [[Terceira División española 2008/2009|tempada 2008/2009]] co obxectivo de ascender á [[Segunda División B española]], conseguíndoo ao final da campaña tras proclamarse campión e imporse na promoción de ascenso ao Atlético Monzón aragonés (3-0 e 2-1).<ref>[http://www.elcorreogallego.es/index.php?idMenu=561&int1=301961&idGaleria=1983 "El Compostela regresa a tercera"], ''[[El Correo Gallego]]''.</ref>
 
=== O afundimento: II Parte ===
A [[Segunda División B española 2009/10|tempada 2009/10]] non foi boa para a SD Compostela e de novo volveron repetirse os erros do pasado. Así, os impagamentos continuados, as ameazas de folga por parte dos xogadores, moitas débedas e un mal inicio de liga, condenaron á SD Compostela ao descenso, que se fixo oficial a falta dunhas xornadas para o final da liga. A tempada foi moi mala pero tivo os seus bos momentos, como ser o primeiro equipo en puntuar en [[Estadio Municipal de Ipurua|Ipurua]], feudo da [[SD Eibar]], tras ir perdendo 2-0, ou as vitorias a domicilio nos derbis xogados en [[Estadio Municipal de Pasarón|Pasarón]] e na [[Estadio Municipal da Malata|Malata]] ante o [[Pontevedra CF]] e o [[Racing de Ferrol]].
 
Tras a desastrosa [[Segunda División B española2009/10|tempada 2009/10]] en [[Segunda División B española]], a tempada seguinte, o Compos volveu a Preferente, acumulando de novo ao descenso deportivo, un descenso administrativo por impagamentos,<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/deportes/2010/08/02/00031280767408122209270.htm?idioma=galego "O Compostela descende a Preferente"], artigo en ''[[La Voz de Galicia]]'', 2 de agosto de 2010.</ref> ao tempo que se producía a definitiva disolución da sociedade anónima deportiva. Nese intre, a [[Federación Galega de Fútbol]] instouinstaba ao club a utilizar o nome de SD Campus Stellae e non o de SD Compostela que viña utilizando normalmente.<ref>http://sd-compostela.blogspot.com.es/2010/08/entrevista-al-presi-gayoso-en-la-voz-de.html</ref> Ademais, ese mesmo ano producíase o archivo definitivo do concurso da sociedade anónima deportiva.<ref>https://www.boe.es/boe/dias/2011/01/26/pdfs/BOE-B-2011-2537.pdf</ref>
 
=== O rexurdimento: II Parte ===
En xaneirofebreiro de 2011, Antonio Quinteiro, un empresario de [[Lestedo]] que de xove xogara nas categorías inferiores do club, comproulle o club a [[José María Caneda|Caneda]] coa intención de sanealo e de levalo de novo a categoría profesional.<ref>http://sd-compostela.blogspot.com.es/2011/02/es-definitivo.html</ref> Así, unha directiva renovada, procedente da área empresarial e profesional e coñecedora do mundo futbolístico, fíxose cargo dun equipo que ía á deriva a comezos de 2011 tras adquirir todos os dereitos legais, facer fronte ás débedas acumuladas e lograr a recuperación do nome fundacional,<ref> [http://www.elpais.com/articulo/Galicia/nuevo/futuro/Compostela/elpepiautgal/20110314elpgal_12/Tes]</ref> extremo confirmado pola [[Federación Galega de Fútbol|FGF]] o 22 de xullo de 2011.<ref>http://www.lavozdegalicia.es/deportes/2011/07/23/0003_201107S23C10996.htm</ref> Desde entón a entidade volve denominarse SD Compostela e ten entre os seus retos inmediatos volver ás categorías de honra do fútbol español co apoio de toda a cidade e a comarca. Nesa primeira tempada do novo equipo directivo, a [[Preferente Autonómica de Galicia 2010/11|2010/2011]], o equipo logrou endereitar o rumbo na segunda volta, pero rematou a liga na oitava posición, lonxe dos postos de ascenso.
 
A seguinte campaña, a primeira completa de Quinteiro á fronte da nave compostelanista, o equipo proclamouse campión da [[Preferente Autonómica de Galicia 2011/12]] e ascendeu á [[Terceira División española|Terceira división]] da man do adestrador [[Anxo Casalderrey]], xusto no ano do seu 50 aniversario. Tan só un ano máis tarde, e conco [[Moaña|moañés]] [[Alfredo Álvarez Paredes|Fredi Álvarez]] como adestrador, rematou a [[Terceira división española 2012/13|fase regular da Terceira]] ocupando o terceiro posto, o que lle outorgou o dereito a participar na fase de ascenso a [[Segunda División B española|Segunda B]]. O 30 de xuño de 2013 conseguiu o ansiado ascenso á [[Segunda División B española|categoría de bronce do fútbol estatalespañol]] ao superar ao CD Cieza (2-0 e 0-2) na terceira eliminatoria do playoff, tras eliminar previamente ao CD Ebro (4-0 e 2-2) e á AD San Juan (3-0 e 1-1).
 
No seu regreso á [[Segunda División B española|Segunda B]], o equipo dirixido polo [[Moaña|moañés]]por [[Alfredo Álvarez Paredes|Fredi Álvarez]] rematou a [[Segunda división B española 2013/14|tempada 2013/14]] en décimo terceira posición, logrando así a permanencia.
 
Para a nova temporada [[Segunda División B española 2014/2015 |tempada 2014/2015]] o club contratou ao adestrador vasco [[Iñaki Alonso]] e fixo unha profunda renovación no equipo co obxectivo de loitar polo ascenso á [[Segunda división española|Segunda división]] máis de dez anos despois.
 
== Xogadores ==