Sátira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Servando2 (conversa | contribucións)
Liña 3:
 
== Historia ==
Xorde en [[Grecia]] (os [[iambógrafo]]s [[Simónides de Amorgos]] e [[Arquíloco]] de [[Paros]] principalmente, aínda que tamén a inclúe nas súas obras o comediógrafo [[Aristófanes]]. Achegáronse a ela o [[poeta]] [[Bión de Esmirna|Bión]] e os [[filósofo]]s [[Escola cínica|cínicos]] [[Menipo de Gádara]] e [[Luciano de Samosata]]). Desenvólvese fundamentalmente en [[Roma]] ([[Ennio]], [[Lucilio]], [[Varrón]], [[Catulo]], [[Horacio]], [[Xuvenal]], [[Persio]], [[Marcial]], por orde cronolóxica). Tanto é así, que [[Marco Fabio Quintiliano]] consideraba á sátira como un xénero completamente romano.
 
A sátira adóitase valer do [[humor]], da [[anécdota]] e do enxeño para ridiculizar defectos sociais ou individuais; ás veces adopta para iso a forma máis concentrada do [[epigrama]], que expresa un só concepto e un único tema de burla; pola contra, a sátira adoita ser moito máis extensa e prolixa.