Reganosa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 34:
==Historia e inicios do proxecto==
{{Ligazóns internas}}
Reganosa quedou oficialmente constituída no 1999, co obxecto social de establecer unha [[planta de regasificación]] en Mugardos e un gasoduto. Non obstante, foi o 20 de marzo de 2000 cando se creou a asociación de promotores, nun acto celebrado en Santiago de Compostela baixo a presidencia de [[Manuel Fraga Iribarne]], presidente do Goberno de Galicia.
 
Xusto un ano despois, en marzo de 2001, asinouse o Acordo de Socios que establece o réxime de goberno da entidade e regula as relacións entre as entidades participantes. Foi daquela cando se configuraron definitivamente os órganos da administración e xestión da compañía. O proxecto básico da planta foi presentado oficialmente ó [[Ministerio de Industria]] o 11 de marzo de 1999. Posteriormente realizáronse os trámites correspondentes ante as administracións Local, Autonómica e Central, ata que o 3 de xuño de 2002 o Ministerio de Industria outorgou a súa autorización provisional. A definitiva foi firmada o 13 de febreiro de 2004 pola directora xeral de Política Enerxética e Minas.
 
Reganosa comezou en 2003 a construción da terminal e da súa rede de gasodutos. A entrada en operación comercial da planta realizouse en novembro de 2007, se ben no primeiro cuadrimestre do mesmo ano entrou o primeiro metaneiro e se puxeron en frío os dous tanques da terminal.
Liña 42:
Desde 2014 está certificada como Transmission System Operator (TSO) pola Comisión Nacional de la Energía e pola [[Comisión Europea]], o que a homologa aos principais operadores de redes de transporte e a avala para operar no mercado gasista global.
 
As orixes da planta de gas de [[Ferrol]] están nun proxecto que Enagas, entón filial de Gas Natural, tiña para construír unha planta regasificadora nos terreos que agora ocupa o Porto Exterior de Ferrol. O proxecto non pasou das formalidades iniciais aínda que o terreo no que se proxectaba a planta chegou a estar valado e sinalizado. Abandonado o proxecto, foi o Grupo Tojeiro o que retomou a idea pero trocando a localización na entrada da ría de Ferrol polos terreos de Forestal del Atlántico, en Mugardos. Os terreos entón ocupados por Enagas pasaron á Autoridade Portuaria de Ferrol<ref>{{cita web|apelidos=Sola|nome=Manuel V|título=Fenosa desafía en público a Enagas a que la planta de Ferrol funcionará en el 2005|url=http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2002/02/22/974197.shtml?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz|editor=La Voz de Galicia|dataacceso=16 de outubro de 2013}}</ref>.
 
==Estructura y situación==