Reganosa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 33:
 
==Historia e inicios do proxecto==
{{Ligazóns internas}}
Reganosa quedou oficialmente constituída no 1999, co obxecto social de establecer unha planta de regasificación en Mugardos e un gasoduto. Non obstante, foi o 20 de marzo de 2000 cando se creou a asociación de promotores, nun acto celebrado en Santiago de Compostela baixo a presidencia de [[Manuel Fraga Iribarne]], presidente do Goberno de Galicia.
 
Xusto un ano despois, en marzo de 2001, asinouse o Acordo de Socios que establece o réxime de goberno da entidade e regula as relacións entre as entidades participantes. Foi daquela cando se configuraron definitivamente os órganos da administración e xestión da compañía. O proxecto básico da planta foi presentado oficialmente ó Ministerio de Industria o 11 de marzo de 1999. Posteriormente realizáronse os trámites correspondentes ante as administracións Local, Autonómica e Central, ata que o 3 de xuño de 2002 o Ministerio de Industria outorgou a súa autorización provisional. A definitiva foi firmada o 13 de febreiro de 2004 pola directora xeral de Política Enerxética e Minas.
 
Reganosa comezou en 2003 a construción da terminal e da súa rede de gasodutos. A entrada en operación comercial da planta realizouse en novembro de 2007, se ben no primeiro cuadrimestre do mesmo ano entrou o primeiro metaneiro e se puxeronenpuxeron en frío os dous tanques da terminal.
 
Desde 2014 está certificada como Transmission System Operator (TSO) pola Comisión Nacional de la Energía e pola [[Comisión Europea]], o que a homologa aos principais operadores de redes de transporte e a avala para operar no mercado gasista global.
 
As orixes da planta de gas de Ferrol están nun proxecto que Enagas, entón filial de Gas Natural, tiña para construír unha planta regasificadora nos terreos que agora ocupa o Porto Exterior de Ferrol. O proxecto non pasou das formalidades iniciais aínda que o terreo no que se proxectaba a planta chegou a estar valado e sinalizado. Abandonado o proxecto, foi o Grupo Tojeiro o que retomou a idea pero trocando a localización na entrada da ría de Ferrol polos terreos de Forestal del Atlántico, en Mugardos. Os terreos entón ocupados por Enagas pasaron á Autoridade Portuaria de Ferrol<ref>{{cita web|apelidos=Sola|nome=Manuel V|título=Fenosa desafía en público a Enagas a que la planta de Ferrol funcionará en el 2005|url=http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2002/02/22/974197.shtml?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz|editor=La Voz de Galicia|dataacceso=16 de outubro de 2013}}</ref>.
 
==Estructura y situación==