Diferenzas entre revisións de «Tom Pryce»

m
sen resumo de edición
m
{{Cadro de citas centro|"Cando chegamos á cima de súpeto decateime do comisario correndo pola pista a miña dereita, levando un extintor. Tomei unha decisión e non sé como o esquivei. Non houbo tempo, só reaccionei por puro instinto"|[[Hans-Joachim Stuck]]|largo=40%|aliñamento=dereita}}
 
O impacto co extintor de incendios arrincara o casco de Pryce bruscamente haciacara a arriba, e foi parcialmente decapitado pola correa. A morte foi con toda seguridade instantánea. O Shadow DN8 de Pryce, agora co seu piloto morto ao volante, continuou a toda velocidade pola recta principal cara á primeira curva, chamada ''Crowthorne''. O coche saíu da pista cara á dereita, raspando as barreiras de metal antes de virar de novo cara a pista logo de golpear unha entrada para vehículos de urxencia. A continuación, golpeou o [[Equipe Ligier|Ligier]] de Jacques Laffite, enviando tanto a Pryce como a Laffite de fronte contra as barreiras. As lesións de Van Vuuren foron tan graves que, nun principio, o seu corpo foi identificado só despois de que o director da carreira convocara a todos os comisarios da carreira e viron cal non estaba entre eles.<ref>{{cite web |url=http://www.historicracing.com/top100.cfm?driverID=1077 | title=Historic Racing > Tom Pryce | accessdate=2006-11-23 |publisher=HistoricRacing.com |archiveurl=http://web.archive.org/web/20070305172128/http://www.historicracing.com/top100.cfm?driverID=1077 |archivedate=2006-04-24 |quote= }}</ref>
 
O gañador final da carreira final foi o [[Austria|austríaco]] Niki Lauda, sendo esta a súa primeira vitoria desde o seu case fatal accidente durante o [[Gran Premio de Alemaña de 1976]]. Ao principio dixo que era a maior vitoria da súa carreira, pero cando se lle dixo no podio a morte de Pryce, dixo que "non había ningunha alegría despois disto".<ref name="Lauda comment">{{cite book |last=Tremayne|authorlink=David Tremayne|title=Lost Gen.|accessdate=2007-01-05|pages=239}}</ref>
1.061

edicións