Vicerreinado de Nova España: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Substitución automática de "Viceroyalty_of_New_Spain_1819_(without_Philippines).png" por "[[commons:File:Viceroyalty_of_the_New_Spain_1819_(without_Philippines).png|Viceroyalty_...
Nerk (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 166:
}}</ref>
 
Durante o seu traxecto ao Gran Tenochtitlán, Cortés lograra as alianzas de pobos subxugados polos aztecas, como [[Tlaxcala]] e [[Chalco-Atenco|Chalco]]. Véndose derrotado, reuniu as súas forzas coas dos seus aliados e, en [[xaneiro]] de [[1521]], despois de máis de seis meses da súa derrota, Cortés comezou a marcha haciacara aá cidade que o viu vencido na Noite Triste. Os aztecas estaban agora gobernados por [[Cuauhtémoc]], pois Cuitláhuac falecera en [[novembro]], vítima de [[varíola]], enfermidade traída polos españois e para a cal non estaban preparados os nativos. En [[marzo]], Cortés comezou o sitio da cidade, á que lle cortou a auga e os recursos básicos de sanidade, comunicación e comercio. A pesar das súas alianzas con [[Tetzcuco]] e [[Tlacopan]], a cidade tivo que renderse o [[13 de agosto]], marcando así o inicio do dominio español.
 
Cuauhtémoc, líder azteca, intentou escapar en [[balsa]] polo [[lago de Texcoco]], pero foi arrestado. Encarcerado en [[Coyoacán]], queimáronlle os pés para que confesara a situación do seu tesouro. Como non confesou, levárono a unha expedición en [[Centroamérica]], en [[1525]]. As sospeitas de conspiración fixeron que o condenaran a morte, que foi executada na [[forca]] o [[28 de febreiro]] de [[1525]].<ref>{{cita web |url = http://redescolar.ilce.edu.mx/redescolar/efemerides/febrero/conme28.htm |título = La muerte de Cuauhtémoc |dataacceso = 5-08-2008 |anoacceso = |autor = Ángel María Garibay |formato = HTML |idioma = español}}</ref>