Paínzo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Nachonion (conversa | contribucións)
Liña 30:
 
== Historia e domesticación ==
O antergo do millo miúdo identificouso coma ''[[Setaria viridis]]'', que é interfértil co millo miúdo; e as formas bravas e invasoras do paínzo aínda existen. Zohary e Hopf notan que a diferenza primaria entre as formas bravas e a cultivada é "a súa bioloxía de spallamento de sementes. As formas bravas e invasoras fan deshicencia mentres que as cultivadas as reteñen."<ref>Daniel Zohary and Maria Hopf, ''Domestication of plants in the Old World'', third edition (Oxford: University Press, 2000), p. 86</ref> A evidencia máis ceda do seu cultivo é da [[cultura Peiligang]] da China, que tamén cultivaban [[millo miúdo común]] (''[[Panicum miliaceum]]''), mais sendo o paínzo menor predominante, só coa [[cultura Yangshao]].<ref>Zohary and Hopf, ''Domestication'', p. 87</ref>
 
O millo miúdo chega a Europa máis tarde; sementes carbonizadas aparecen no segundo milenio adC en Europa central. E a evidencia do seu cultivo dáse na [[Idade do Ferro]] en [[Tille Hoyuk]] en [[Turquía]], cunha datación incorrecta de [[radiocarbono]] de [[600 a. C.|600&nbsp;a.&nbsp;C.]]<ref>Zohary and Hopf, ''Domestication'', p. 88</ref>
 
Foi moi común en Galicia, sobre todo na rexión litoral, medrando tamén nas leiras das montañas interiores das provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra. Recibía o nome de millo, que despois tomou o actual [[millo]], que comezou a substituír o paínzo dende o século XVII. Ao ''antigo millo'' ficoulle o nome de millo miúdo. O paínzo é o que se viña cultivando e secando en hórreos e celeiros en Europa dende a antigüidade.
 
== Sementeira ==