Depuración de augas residuais: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Rotlink (conversa | contribucións)
m fixing dead links
Liña 52:
===Tratamento secundario===
O tratamento secundario está pensado para degradar o contido biolóxico (materia orgánica) das augas residuais derivado de residuais humanos, restos de alimentos, xabóns e deterxentes. A maioría das estacións municipais tratan o licor residual sedimentado utilizando procesos aeróbicos biolóxicos. Para ser efectiva, a biota microbiana que realizará isto necesita [[oxíxeno molecular]] e alimento para vivr. As [[bacteria]]s e [[protozoo]]s consomen os contaminantes solubles orgánicos biodegradables (azucres, graxas, moléculas orgánicas de cadea curta, etc.) e xuntan a maioría das fraccións menos solubles en [[floculación|flóculo]]s. Os sistemas de tratamento secundario clasifícanse como de ''película fixa'' ou de ''crecemento en suspensión''.
*Os sistemas de '''película fixa''' ou de '''crecemento adherido''' inclúen [[filtro de goteo|filtros de goteo]]s, biotorres, e [[contactor biolóxico rotatorio|contactores biolóxicos rotatorios]] onde a biomasa crece sobre un medio e as augas residuais pasan sobre a súa superficie.<ref name="EPA Primer" /><sup>Páx. 11–13</sup> O principio de película fixa foi máis desenvolvido nos reactores de biofilm de cama móbil ([http://www.waterworld.com/_search?q=mbbr&x=0&y=0 MBBR]), e nos procesos ([http://www.waterworld.com/_search?q=mbbr&x=0&y=0 IFAS]) de lodos activados de película fixa integrada. Un sistema de película de cama móbil normalmente ten unha pegada ecolóxica menor que os sistemas de crecemento en suspensión.<ref>Black & Veatch, Inc. leaflet at the Wayback Machine (archived October 26, 2010). [http://web.archive.org/web/20101026171954/http://bv.com/Downloads/Resources/Brochures/rsrc_WTR_IFASMBBR.pdf].</ref>
*Os sistemas de '''crecemento en suspensión''' ou suspendido utilizan [[lodo activado|lodos activados]], nos que a biomasa se mestura coas augas residuais e poden funcionar nun espazo máis reducido que os filtros de goteo que traten un mesmo volume de fluxo de auga. Porén, os sistemas de película fixa poden tratar mellor os cambios drásticos na cantidade de material biolóxico e poden ter maiores taxas de eliminación de materia orgánica que os sistemas de crecemento en suspensión.<ref name="EPA Primer" /><sup>Páx. 11–13</sup>