Cirurxía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nerk (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Nerk (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 99:
[[Ficheiro:Sites mycéniens.png|miniatura|200px|Situación dos principais sitios arqueolóxicos micénicos en Grecia.]]
 
Arredor do [[mar Exeo]] desenvolveuse entre os anos 2500 e 1500&nbsp;a.C. a cultura [[minoica]] na [[illa de Creta]], que foi, ao final da prehistoria, a precursora da civilización grega. En [[1971]], durante unha escavación arqueolóxica en [[Nauplia]], encontráronse nunha tumba [[micénica]] <ref>Cultura posterior á minoica, sucesora dela e precursora da grega.</ref> numerosos instrumentos médicos, datados contra o 1500&nbsp;a.C. (coitelos, tesoiras, pinzas, algunhas sondas) atribuídos por algúns autores ao mítico médico (entre os gregos) [[Palamedes]].
 
O texto grego máis antigo que inclúe coñecementos sobre medicina son os poemas [[Homero|homéricos]]: A [[Ilíada]] e A [[Odisea]]. Na primeira descríbese, por exemplo, o tratamento que recibe o rei [[Menelao]] tras ser alcanzado por una frecha no pulso durante o asedio a [[Troia]]: o cirurxián resultou ser [[Asclepio]], elevado a deus da medicina grega, educado na ciencia médica polo centauro [[Quirón]]. Do seu nome deriva ''esculapio'' <ref>'''Esculapio''', en [[Lingua latina|latín]] ''Aesculapius'', é a adaptación a esta lingua do '''Asclepio''' [[Lingua grega|grego]] Ασκληπιός (''Asklēpiós''), o [[deus]] da [[medicina]] e da curación da [[mitoloxía]] greco-romana. Non formaba parte do [[Panteón (mitoloxía)|panteón]] das divindades [[Monte Olimpo, Grecia|olímpicas]], pero acabou por converterse nun dos deuses máis populares do mundo antigo, tanto que [[Apuleio]] dixo del: ''Aesculapius ubique'' (Esculapio por todas partes).</ref>, un antigo sinónimo de médico, e o nome de [[Hixía (mitoloxía)|Hygieia]], súa filla, serviu de inspiración para a actual rama da medicina preventiva denominada [[Hixiene]].<ref>Díaz Gonzáles, Joaquín (1974): "Historia de la medicina en la antigüedad". Mérida: ULA. Ediciones del rectorado, 3ª ed.</ref> A Asclepio atribúese tamén a orixe do [[caduceo]] ou [[vara de Esculapio]], símbolo médico universal na actualidade.<ref>Hart, Gerald David (2000): [http://books.google.com/books?id=iHK-k71KEL8C&pg=PP1&dq=Asclepius&lr=&as_drrb_is=q&as_minm_is=0&as_miny_is=&as_maxm_is=0&as_maxy_is=&as_brr=3&hl=pt-BR&cd=2#v=onepage&q=&f=false ''Asclepius: the god of medicine'']. History of Medicine Series. London: Royal Society of Medicine Press.</ref>
Liña 146:
Pero cómpre ter en conta os avances tecnolóxicos e a evolución do pensamento científico do mundo oriental (civilización árabe-musulmá) e, en primeiro lugar, os do [[Imperio Bizantino]] que, herdeiro do saber latino, e cos saberes que tomou do mundo árabe-musulmán, e mesmo dos da [[China]], foi decisivo na construción da ciencia moderna.
 
O período da Idade Media esténdese desde a data devandita até [[1492]] (data do descubrimento de [[América]]), e coñece un desenvolvemento sen precedente das técnicas e das disciplinas científicas, a despeito da imaxe escurantista, propagada polos manuais escolares.
 
==== Cirurxía árabe na Idade Media ====