Cirurxía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nerk (conversa | contribucións)
m erratas e linguaxe
Nerk (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 42:
[[Ficheiro:Crane-trepanation-img 0507.jpg|miniatura|320px|esquerda|Cranio datado no [[Neolítico]], 3500 a. C., conservado no Museo de Historia Natural de [[Lausanne]], trepanado posibelmente con [[sílex]]. Crese que tras a operación o doente sobreviviu.]]
 
Folke Henschen, médico e historiador sueco expón que en escavacións realizadas en [[1970]], os sedimentos do [[río Dniéper]] amosan a existencia da trepanación no [[Mesolítico]], hai aproximadamente 14.000 anos.<ref>Henschen, Folke (1995): ''The human skull. A cultural history''. New York: Praeger</ref> Suxírese que as trepanacións facíanse para curar [[epilepsia]]s, [[Hemicrania|hemicrania]] s, e [[cefalalxia]]s.<ref>Brothwell, D. R. (1963): ''Digging up Bones''.</ref> Os sinais de [[cicatriz|cicatrización]] nos bordos das [[resección]]s permiten pensar que a craniotomía non era fatal, e que o operado sobrevivía despois da operación. O estudo das técnicas utilizadas por pobos primitivos de [[Sudamérica]] e da illa de [[Borneo]], permiten facerse unha idea do que se podería utilizar na época prehistórica. A preparación do doente, é dicir, o seu adormecemento, podería realizarse con derivados da [[durmideira]].<ref>Cruzeby, E. (1996): "Surgery at the origins of agriculture: the case of central Europe", in ''Anthropologie''.</ref>
 
Aínda que menos frecuentes, coñécense polo menos tres casos de amputación no [[Neolítico]] antigo en Europa occidental: [[Sondershausen]], en [[Alemaña]] (amputación dun brazo), [[Vedrovice]], en [[Moravia]] (amputación da man) e [[Buthiers-Boulancourt]], [[Francia]], que, grazas as modernas técnicas, revelan unha amputación do antebrazo esquerdo practicada hai 6900 anos a un home de certa idade.<ref>Buquet-Marcon & al. (2009): "A possible Early Neolithic amputation at Buthiers-Boulancourt (Seine-et-Marne), France", in ''Antiquity''.</ref>