Manuel Ferreiro Panadeiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m datiños
Xas (conversa | contribucións)
Liña 7:
Estudou no seminario de Lugo e con 20 anos trasladouse a [[Madrid]], onde obtivo o título de Bacharelato universitario e comezou a carreira de Dereito. En Madrid entrou en contacto co movemento democrático e participou na oposición á [[ditadura de Primo de Rivera]].
 
En [[1930]] retornou a Lalín e creou, xunto con outros mozos, o [[Centro Republicano]] e o periódico ''[[Atrás]]''. Coa proclamación da [[Segunda República Española|Segunda República]] converteuse no primeiro alcalde lalinense elixido democraticamente. Foi tamén nomeado deputado provincial. A súa principal contribución como alcalde centrouse na educación (exemplo disto é a concesión dunha bolsa de estudos a [[Laxeiro]]). Logo da vitoria das dereitas nas eleccións de novembro de 1933, o Gobernador civil Victor M. Becerra Herráiz ordenou varias inspección ao Concello para destituilo, como mostra de dasagravio, un grupo de amigos organizou unha homenaxe popular o 11 de febreiro de 1934<ref>[http://dezahistorias.blogaliza.org/2012/08/26/homenaxe-ao-alcalde-ferreiro/ Homenaxe ao Alcalde Ferreiro]</ref>. Finalmente foi cesado polo Gobernador civil [[Diego Fernández Gómez]] o [[8 de agosto]] de [[1934]]. Co triunfo do Frente Popular foi reposto como Alcalde o 21 de febreiro de 1936. Un enfrontamento entre os concelleiros republicanos fixo que fose cesado polo Gobernador civil en abril. A nova Comisión xestora nomeouno Secretario do concello.
 
Coa [[sublevación do 18 de xullo de 1936]] fuxiu e agochouse en Santiago de Compostela, pero foi localizado e detido a principios de agosto. Xulgado en consello de guerra o 21 de agosto, foi condenado á pena de morte. Foi executado na estrada de Campañó o 27 de agosto.