Tove Jansson: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sernostri (conversa | contribucións)
engado algo da wikipedia en finlandés.
Sernostri (conversa | contribucións)
Liña 5:
 
== Traxectoria ==
Tove medrou coma a maior de tres irmáns dunha familia de artistas na capital finlandesa, [[Signe Hammarsten-Jansson]] súa nai era unha artista gráfica que procedía de Suecia mentres seu pai, [[Viktor Jansson]] era escultor. Os irmáns de Tove, [[Lars Jansson]] e [[Per Olov Jansson]] tamén se dedicaron ao mundo artístico, o primeiro á banda deseñada e o segundo á fotografía. Durante a súa infancia a familia pasaba os invernos nun estudio e os veráns primeiro nunha illa de [[Bildö]] no [[arquipélago de Estocolmo]] na casa de seus avós e despois nunha illa preto de [[Porvoo]], paisaxes que lle serviron anos despois como inspiración para o val onde vivían os Munintroll<ref>[http://www.kansallisbiografia.fi/english/?id=1395 Tove Jansson no Biografiakeskus, Suvi Ahola]</ref>. En 1928 publicou pola primeira volta, versos e ilustracións, nas revistas ''Allas Krönica'' e ''Julen''<ref>Westin, Boel (2013) ''Tove Jansson: Ord, bild, liv''. Albert Bonniers Förlag</ref> e en 1929 apareceu na revista infantil suecofinlandesa ''Lukentus'' a súa serie de banda deseñada ''Prickinas och Fabians äventyr''. En 1930 marchou a Estocolmo para estudar na [[Konstfack|escola técnica]] desa capital. No ano 1933 volveu a Helsinqui e publicou o seu primeiro libro ''Sara och Pelle och neckens bläckfiskar'' co pseudónimo de Vera Haij<ref>Westin, Boel (1988) ''Familjen i dalen: Tove Janssons muminvärld'' Bonniers, p. 295</ref> e ao pouco iniciaba estudos na [[Academia de Belas Artes, Helsinki|Escola de Deseño]], especializándose en pintura, entre os seus mestres estiveron [[William Lönnberg]] e [[Uuno Alanko]], que non deixarían pegada no estilo de Tove, como si o faría o seu amigo [[Sam Vannin]] no seu uso da cor<ref>Bonelius, Elina (2002) ''Tove Jansson: Muistonäyttely'', Tampereen taidemuseo.</ref>. Tove compaxinou os seus estudos con colaboracións coa prensa, e así en 1934 publicou o seu primeiro conto, ''Bulevard'' no ''Helsingers-Journalen'' pero academicamente tanto Tove coma outros alumnos estaban insatisfeitos coa aprendizaxe recibida no centro, en especial por parte do profesor principal, Lönnberg, o que resultou en que na primavera de 1936 a maioría dos alumnos do profesor deixase a institución, entre eles Tova, que alugou un estudio cos seus compañeiros [[Runar Engblom]], Christian Sibelius e Unto Virtanen, realizando a súa primeira exposición, colectiva, nese ano. En 1937 volveu de novo á Escola, rematando estudos ese ano e establecendo o seu propio estudio, presentando as súas pinturas en varias exposicións e recibindo unha bolsa de estudo o que lle permitiu ir a [[París]] na primavera de 1938 e a [[Italia]] no verán de 1939. Pero Tove dependía economicamente do seu traballo como ilustradora de libros, postais e publicidade e das súas colaboracións en diversas revistas, pero foi especialmente significativo o seu traballo para a revista política satírica ''Garm'' coa que viña colaborando desde comezos da década pero na que adquiriu gran peso a partir de 1938<ref> [http://www.virka.fi/en/gallery/virtual-galleries/artist-tove-jansson-helsinki/wartime-helsinki Wartime in Helsinki, Concello de Helsinki] </ref> , ao debutar como debuxante política para converterse na artista principal, ilustrando máis de cen portadas e realizando máís de 500 debuxos, e nas que manifestaba neses anos a súa oposición ao nazismo e aos acordos entre Stalin e Hitler, polo que tivo algúns problemas de censura coas autoridades finlandesas que procuraban unha liña contemporizadora <ref> Ylönen, Marja (2001) ''Pilahistoria – Suomi poliittisissa pilapiirroksissa 1800-luvulta 2000-luvulle'', pp. 174-176.</ref>. Durante a [[Segunda Guerra Mundial]] ilustrou nos seus debuxos os efectos desta na vida cotiá.
 
== Notas ==