Albania: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Rotlink (conversa | contribucións)
m fixing dead links
Liña 199:
{{VT|Gregos de Albania}}
[[Ficheiro:Berat.jpg|miniatura|A cidade de Berat]]
No ano [[2008]] Albania tiña unha poboación estimada de 3.170.048 habitantes, medrando en segundo datos de [[2007]] a un ritmo dun 0.73%. A poboación albanesa é considerada unha poboación moi nova, cunha idade media de 28,9 anos.<ref>[http://web.archive.org/web/20090303205559/http://www.instat.gov.al/graphics/doc/downloads/publikime/femrameshkuj2006.pdf Women, Men and shefit's in Albania 2006]</ref> A esperanza de vida é de setenta e sete años, o media de fillos por muller de 2,03 e o 86,5% da poboación esta alfabetizada. Despois de [[1990]] a poboación albanesa enfrontouse a novos fenómenos como a inmigración, que afectou excesivamente á distribución por distritos e prefecturas. Os distritos do norte viron unha diminución da poboación, mentres que os distritos de [[Tirana]] e Durazzo aumentaron a súa poboación.
 
Albania é un país étnicamente homoxéneo, posto que o 96% da poboación é albanesa (segundo estimacións de [[1989]]), con algunha pequenas minorías, entre as que destacan os [[Grecia|gregos]] cun 1,17%, outras minorías poden son os valacos, [[República de Macedonia|macedonios]], [[Exipto|exipcios]] ou [[Serbia|serbios]]. Con todo, o tamaño da minoría grega é contencioso, posto que o goberno albanés estímaa en 60.000 e o grego en 300.000, esta minoría alega que se atopa nunha situación de discriminación e posúe un partido político propio, o [[Partido da Unión polos Dereitos do Home]]. A lingua dominante é o [[lingua albanesa|albanés]], con dous dialectos principais, o gheg e o tosk. Moitos albaneses tamén falan o [[lingua inglesa|inglés]], o [[lingua italiana|italiano]], o [[lingua grega|grego]], o [[lingua turca|turco]] ou o [[lingua alemá|alemán]].
Liña 205:
=== Relixión ===
[[Ficheiro:Kavaja Mosque.jpg|miniatura|Mesquita de Kavaja]]
De acordo con algunhas estimacións a meirande parte dos albaneses non practican ningunha relixión.<ref>[http://www.state.gov/g/drl/rls/irf/2007/90160.htm Freedom of Religion 2007]</ref> Segundo outras estatísticas o 41% dos albaneses son [[Cristianismo|cristiáns]] (24% [[Igrexa ortodoxa|ortodoxos]] e o 16% [[Igrexa Católica Romana|católicos]] e outras minorías independentes), e 38,7% [[Islam|musulmáns]].<ref>[http://www.operationworld.org/country/alba/owtext.html Operation World]</ref> Porén outros estudos ofrecen resultados completamente distintos, chegando a indicar que a porcentaxe de musulmáns é do 79,9%,<ref>[http://web.archive.org/web/20091010050756/http://pewforum.org/newassets/images/reports/Muslimpopulation/Muslimpopulation.pdf Mapping the Global Muslim Population: A Report on the Size and Distribution of the World’s Muslim Population]</ref> ou que os non relixiosos son a gran maioría da poboación.<ref>[http://www.state.gov/g/drl/rls/irf/2009/127295.htm International Religious Freedom Report 2009]</ref>
 
Os albaneses aparecen por primeira vez nos rexistros históricos dos [[bizantinos]] a finais do [[século XI]] e neste punto a poboación está xa plenamente cristianizada. O cristianismo foi máis tarde eclipsado por [[Islam]], que se mantivo como relixión máis importante durante o período de [[Imperio Otomán|otomán]], dende o [[século XV]] até o ano [[1912]]. Despois da independencia os albaneses republicanos, monárquicos e máis tarde os comunistas seguiron unha política sistemática de separar a relixión das funcións oficiais e da vida cultural, así pois nunca houbo unha relixión oficial do estado. Durante o [[século XX]] os cleros de todas as relixións debilitáronse e foron finalmente erradicados durante os anos [[1940]] e [[1950]], en virtude da política estatal de borrar toda relixión organizada dos territorios albaneses. Aínda a pesar de non haber datos fiables sobre a relixiosidade da poboación e con todo o mosaico delas nunca houbo grandes disputas relixiosas e os matrimonios entre membros de distintas relixións son bastante habituais.
Liña 215:
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.albaniantourism.com/ Organización nacional de turismo de Albania]
* [http://www.padi.cat:8080/wayback/20080508141534/www.mae.es/NR/rdonlyres/63774297-EDEB-4942-BC37-EA2C39C6EC42/0/Albania1.pdf Albania]
* [http://www.fao.org/countryprofiles/index.asp?lang=es&iso3=ALB&subj=1&paia= Países da FAO, Albania]
* [http://www.guidetoalbania.com/ Guía de Albania con fotografías]