Depuración de augas residuais: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 190:
A [[compost]]axe é tamén un proceso aeróbico que implica mesturar os lodos con fontes de carbono como serraduras, palla ou estelas de madeira. En presenza de oxíxeno, as bacterias dixiren tanto os sólidos das augas residuais coma as fontes de carbono engadidas e, ao facelo, transforman o material e producen unha grande cantidade de calor.<ref name="EPA Primer" /><sup>Páx. 20</sup>
 
===IncinerationIncineración===
A [[incineración]] dos lodos é un procedemento menos común a causa das emisións ao aire que produce e o combustible suplementario (normalmente gas natural ou fueloil) necesarios para queimar o lodo de baixo valor calorífico e vaporizar a auga residual. Os incineradores de varios fornos escalonados con tempos de residencia altos e [[combustión en camas fluidificadas|camas fluidificadas]] son os sistemas máis comúns que se utilizan na combustión de lodos de augas residuais. Outra opción usada ocasionalmente é queimalos en plantas municipais pensadas para producir enerxía a partir de lixo, onde se utiliza unha instalación para a queima de lixo sólido, o que o fai menos custoso.<ref name="EPA Primer" />{{rp|20–21}}
 
===Eliminación dos lodos===