Flor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Calq (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{1000}}
[[Ficheiro:Rosa. Galiza.jpg|dereita|300px|thumb|[[Roseira|Rosa]] en Galiza]]
[[Ficheiro:Flor diagrama-gl.svg|miniatura|450px300px|Partes.]]
A '''flor''' ({{Audio|Gl-flor.ogg|pronunciación}}) (tamén '''chor''' en uso literario<ref>{{DRAG-PdP|termo_DRAG=chor}}</ref>) é o órgano reprodutivo das [[planta]]s chamadas ''[[anxiospermas]]''. A función dunha flor é producir [[semente]]s a través da [[reprodución sexual]]. Para as plantas, as sementes son a próxima xeración, e serven como o principal medio a través do cal os individuos dunha especie se esparexen ó longo da paisaxe. Trala fertilización, a flor transfórmase nun [[froito]] que contén as sementes.
 
Liña 14:
* '''[[Cáliz (botánica)|Cáliz]]''': o cáliz é o verticilo externo nas flores que teñen o perianto composto por dúas clases de pezas (heteroclamídeo). Componse de sépalos, que son follas florais estériles, xeralmente verdes e de consistencia herbácea. Ten función protectora.
** [[Sépalo]]s: Están no verticilo máis externo da flor. Son estruturas foliáceas que serven para protexeren o [[gomo]] foliar. Xeralmente teñen cor verde aínda que poden asumir calquera cor ou forma.
** [[Tépalo]]s: nas flores nas que o perianto non está diferenciado entre cáliz e corola o tépalo é a unidade de estes. Máis concretamente é a parte florarfloral da planta nas magnolias.
* '''[[Corola]]''': a corola é o verticilo interior da flor, formado polos pétalos:
** [[Pétalo]]s: O pétalo é unha folla floral modificada, normalmente son moi vistosos e coloreados como resultado da presenza de múltiples pigmentos (flavonoides).
Liña 37:
 
=== Xeitos de atracción ===
[[Ficheiro:Flor GDFL 663.JPG|miniatura|125px|dereita|As flores poden ter cores moi vistosas]]
As plantas non poden moverse dun sitio a outro, por iso moitas flores evolucionaron para atraeren animais e que estes transfiran o [[pole]] entre individuos de poboacións dispersas. As flores que son polinizadas por insectos chámanse entomófilas. As flores xeralmente teñen glándulas chamadas nectarios en varias partes para atraeren animais que buscan o nutritivo [[néctar]].
O mesmo que ocorre co ser humano, os [[paxaro]]s e as [[abella]]s tamén poden distinguir as cores coa vista, o que lles permite escoller as flores máis vistosas. Algunhas flores teñen patróns, chamados ''guías nectarias'', que amosan aos polinizadores onde teñen que ollar polo néctar, estas guías poden ser vistas só baixo luz ultravioleta, que é visible para as abellas e algúns outros insectos.