Sempre Xonxa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
recategorizo
Liña 55:
O guión de ''Sempre Xonxa'' coñeceu o seu primeiro bosquexo xa a finais de 1985, antes incluso da rodaxe de ''Esperanza''. A inspiración encontrouna Chano Piñeiro nas historias da emigración que oíra relatar no seu [[Forcarei]] natal e nas aldeas de [[Rubillón, Baíste, Avión|Rubillón]] e [[Baíste, Baíste, Avión|Baíste]] ([[Avión]]), nas que gravou ''Mamasunción''. Tivo ata nove versións antes do guión definitivo en 1988. Entre versión e versión, Chano Piñeiro comezou a buscar as localizacións do filme. Atopounas en Santa Olaia de Valdeorras. Esta aldea sería a vila de Trasdomonte na ficción.
 
A rodaxe comezou en 1988, pero por motivos económicos e técnicos, demorouse durante ano e medio. Polo camiño, esgotou as finanzas e a saúde do seu director. Foi estreada en 1989, acadando un gran éxito nos cines de GalizaGalicia. No resto de España pasou completamente desapercibida, o cal é facilmente comprensible debido á súa temática centrada na [[emigración]] e no mundo rural galego. A nivel internacional gañou diversos premios e tivo unha certa vida comercial especialmente en países onde a emigración galega tiña certa presenza.
 
O papel de Xonxa foi interpretado por [[Uxía Blanco]], un papel que a colocaría coma a máis importante actriz do incipiente panorama audiovisual galego. Miguel Ínsua encarnou a Birutas, mentres Xavier R. Lourido fixo de Pancho. Unha das interpretación máis salientables foi a de [[Roberto Vidal Bolaño]] como o mestre da vila. Tamén participaron no filme as actrices [[Aurora Redondo]] e [[Loles León]], así como o fotógrafo [[Manuel Ferrol]] que se interpretou a si mesmo e no cal Piñeiro fixo toda unha homenaxe ós fotógrafos populares que retrataron a Galicia emigrante.