O carniceiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
traducido desde https://fr.wikipedia.org/w/index.php?title=Le_Boucher&oldid=104857795
 
Liña 32:
Na pequena vila de [[Trémolat]], no [[Périgord]] ([[Dordoña]]), celébrase a voda do profesor Léon Hamel cunah rapaza do lugar. Entre os convidados á cerimonia están unha compañeira da profesora, Hélène David, que é tamén a directora da escola, e Paul Thomas, alcumado Popaul, o carniceiro da vila.
 
Hélène e Paul coñécense na voda e simpatizan. Atraído pola rapaza, o carniceiro cóntalle que para fuxir da violencia do seu pai enrolousese enrolou no exército e participou na [[guerra da Indochina]] e mais na [[guerra de Alxeria]]. Hélène, pola súa banda, procede de [[París]] e viviu unha historia de amor quue rematou mal. A mestra, que considera a Popaul como un amigo co que curar a súa soidade, faino partícipe nas actividades cos rapaces da escola e convídao a cear na súa casa.
 
A tranquilidade da vila disípase ao descubrirse o cadáver dunha moza do lugar, que morreu acoiteladas. Durante unha excursión cos alumnos, Helen descobre o corpo doutra rapaza, que resulta ser a muller de León, asasinada do mesmo xeito. Na escena do crime encontra un mecheiro similar ao que lle regalara a Popaul polo seu aniversario, e recólleo. O comisario Grumbach, que leva o caso, interroga a Hélène. Unha noite, cando Popaul a visita, ela ofrécelle un cigarro para que el o acenda, e tranquilízase ao ver que aínda ten o mecheiro que lle regalara.