Batalla de Okinawa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Rotlink (conversa | contribucións)
m fixing dead links
Rotlink (conversa | contribucións)
m fixing dead links
Liña 135:
 
En 1945, Winston Churchill denominouna «a batalla entre as máis intensas e famosas na historia militar.»
En 1995, o goberno de Okinawa erixiu un monumento chamado Pedra Angular da Paz en Mabuni, o lugar dos últimos combates, no sueste de Okinawa.<ref>[http://www.pref.okinawa.jp/summit/a_la/peace/ishiji/index2.htm The Cornerstone of Peace]</ref> O monumento mostra todos os nomes coñecidos dos que morreron na batalla, civís e militares, xaponeses e estranxeiros. En xuño de 2008 contiña 240.734 nomes.<ref>[httphttps://archive.is/20120629080541/search.japantimes.co.jp/cgi-bin/nn20080624a6.html Okinawa is promised reduced base burden], ''[[The Japan Times]]'', 24 de xuño de 2008. Consultado o 12 de maio de 2012.</ref>
 
== Controversia ==
Hai discrepancias importantes en curso entre o goberno local de Okinawa e o goberno nacional do Xapón sobre o papel dos militares xaponeses nos suicidios en masa de civís durante a batalla. En marzo de 2007 as autoridades nacionais do Ministerio de Educación, Cultura, Deportes, Ciencia e Tecnoloxía do Xapón (MEXT) recomendáballe aos editores de libros de texto que expresaran con outras palabras as ordes dadas polo Exército Imperial Xaponés nas que se forzaba a civís a quitarse a vida para non ser feitos prisioneiros polos militares estadounidenses. O MEXT propoñía que se dixera, que os civís só recibiron granadas de man dos militares xaponeses.{{cómpre referencia}}
Este feito provocou protestas xeneralizadas entre os habitantes de Okinawa. En xuño de 2007, a Asemblea da Prefectura de Okinawa aprobou unha resolución declarando, «Facemos un firme chamamento ao goberno (nacional) a que se retracte das instrucións dadas aos editores de libros de texto e que restableza de inmediato a designación nos libros de texto para que a verdade do ocorrido durante a Batalla de Okinawa sexa transmitida correctamente e outra tráxica guerra nunca volva suceder»'<ref>[httphttps://archive.is/20120604185354/search.japantimes.co.jp/cgi-bin/nn20070623a1.html Okinawa slams history text rewrite], ''Japan Times'', 23 de xuño de 2007. Consultado o 12 de maio de 2012.</ref>
 
O [[29 de setembro]] de [[2007]], arredor de 110.000 persoas realizaron o maior [[Manifestación|acto político]] na historia de Okinawa para esixirlle ao MEXT que se retractase de pedirlle aos editores de libros de texto a revisión das declaracións sobre os suicidios dos civís. A resolución declarou: «É un feito innegable que o suicidio múltiple non tería ocorrido sen a participación dos militares xaponeses e calquera supresión ou [[Revisionismo histórico|revisión]] é unha [[Negación (psicoloxía)|negación]] e unha distorsión dos moitos testemuños das persoas que sobreviviron aos incidentes.»<ref>[httphttps://archive.is/20120629080542/search.japantimes.co.jp/cgi-bin/nn20070930a2.html "110,000 protest history text revision order"], ''The Japan Times'', 30 de setembro de 2007. Consultado o 12 de maio de 2012.</ref>
 
O [[26 de decembro]] de 2007, o MEXT admitiu parcialmente o papel dos militares xaponeses nos suicidios en masa dos civís. O Consello de autorización de libros de texto permitiulle aos editores restablecer a referencia, «que a poboación se viu obrigada polo exército xaponés a suicidarse en masa. Pódese dicir que desde o punto de vista dos residentes de Okinawa, estes se viron obrigados aos suicidios en masa», declarou o informe do Consello.<ref>[httphttps://archive.is/20120629080541/search.japantimes.co.jp/cgi-bin/nn20071227a1.html Texts reinstate army's role in mass suicides: Okinawa prevails in history row] ''[[Japan Times]]'', 27 de decembro de 2007. Consultado o 12 de maio de 2012.</ref> Isto non foi suficiente para os sobreviventes, que dixeron que era importante para os de hoxe saber o que realmente sucedeu.<ref>[http://news.bbc.co.uk/2/hi/asia-pacific/7098876.stm Okinawa's war time wounds reopened] ''BBC News'', 17 de novembro de 2007. Consultado o 12 de maio de 2012.</ref>
 
O escritor [[Kenzaburō Ōe]], gañador do [[Premio Nobel]], escribiu un libro no que precisa que a orde dos suicidios en masa foi dada polos militares durante a batalla.<ref>''Japan Times'', 12 de setembro de 2007, [httphttps://archive.is/20120629080540/search.japantimes.co.jp/cgi-bin/nn20070912a3.html Witness: Military ordered mass suicides]. Consultado o 12 de maio de 2012.</ref> Foi demandado polos revisionistas, entre eles un comandante xaponés que participou na Segunda Guerra Mundial, e que quería impedir a publicación do libro. Nunha audiencia xudicial, o [[9 de novembro]] de 2007, Ōe testificou: «Os suicidios en masa, aos que foron obrigados os habitantes de Okinawa, son o resultado dunha [[xerarquía]] social e estrutural xaponesa que funcionaba no Estado xaponés, as forzas armadas e as guarnicións locais».<ref>[httphttps://archive.is/20120629080543/search.japantimes.co.jp/cgi-bin/nn20071110a3.html Oe testifies military behind Okinawa mass suicides], ''Japan Times'', 10 de novembro de 2007. Consultado o 12 de maio de 2012.</ref> O [[28 de marzo]] de [[2008]], a Corte da [[Prefectura de Osaka]] fallou a favor de Ōe dicindo: «Pódese dicir que os militares estaban profundamente implicados nos suicidios en masa.» O tribunal recoñeceu a participación do exército nos suicidios en masa e o [[asasinato-suicidio]], citando o testemuño acerca da distribución de granadas aos civís para que se suicidaran, por parte de soldados, e o feito de que os suicidios en masa non se rexistraron nas illas onde os militares non estaban estacionados.<ref>[httphttps://archive.is/20120629080540/search.japantimes.co.jp/cgi-bin/nn20080329a1.html Court sides with Oe over mass suicides],''Japan Times'', 29 de marzo de 2008. Consultado o 12 de maio de 2012.</ref>
 
== Norte ==