El Agricultor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Xas (conversa | contribucións)
Liña 9:
A publicación imprimíase en Mondoñedo nos talleres de [[César González Seco]], editor e político que andado o tempo sería sogro do escritor e xornalista [[Álvaro Cunqueiro]]. Aínda que o berce da revista é [[Riotorto]], a súa área de influencia abrangueu nos anos seguintes os concellos limítrofes de [[Vilameá, A Pontenova|Vilameá]] e [[Vilaoudriz, A Pontenova|Vilaoudriz]] (que forman o actual concello da [[A Pontenova|Pontenova]]), [[Lourenzá]], [[Meira]], [[A Pastoriza]], e [[Mondoñedo]].
 
O activismo agrario da zona aparece vencellado ó movemento reformista da [[Solidaridad Gallega]] da [[A Coruña|Coruña]]. Os líderes do agrarismo local, e en particular Venancio Gavín, participan na organización da [[Federación Agropecuaria del Norte Galaico]] e nas varias [[Asembleas agrarias]] celebradas en [[Monforte de Lemos|Monforte]] e [[Ribadavia]]. Politicamente, a Sociedade agraria de Riotorto e o seu órgano de expresión nacen co obxectivo de loitar contra o caciquismo e desprazar o alcalde [[José García ÉstoaEstoa]], que levaba máis de 20 anos rexendo o concello, e o seu sucesor, [[José María Bermúdez Leibas]]. Durante o mandato deste último, a publicación da sociedade competirá con ''[[El Eco de Riotorto]]'', quincenario fundado por [[José María Sampedro]] para contrarrestar a súa propaganda. Estratexicamente, os activistas locais da denominada "Candidatura Social" posicionáronse nun primeiro momento como opositores ó liberalismo [[Montero Ríos|monterista]] de [[Avelino Montero Villegas]] dominante no distrito mindoniense, aínda que a partir de [[1913]] tanto a sociedade coma a publicación cambiaron de orientación ata se colocaren practicamente á súa sombra.
A revista foi apoiada pola colonia de Riotorto na [[A Habana|Habana]] e [[México]] nos momentos críticos pero sostíñase sobre todo das subscricións e da publicidade, que sempre foi bastante limitada. A ''Lista de Subscritores'' que se conservou contén máis de 600 nomes cos seus correspondentes enderezos. Na segunda época, o número de subscritores foi menor pero o propio periódico falaba nun dos primeiros números de que se agardaban 100 subscricións en Lourenzá.