Pilar Farjas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Calq (conversa | contribucións)
máis categorías
Sen resumo de edición
Liña 3:
 
==Traxectoria==
É licenciada en Medicina e especialista en [[cirurxía]] pola [[Universidade de Zaragoza]]; así mesmo é licenciada en [[Socioloxía]] pola [[UNED]]. Nos anos noventa traballa xa de doutora na [[A Coruña|Coruña]], primeiro nos servizos de Sanidade Exterior ([[1992]]), e logo como subdirectora de Protección da Saúde da [[Xunta de Galicia]]. En [[1997]] pasa a ser directora xeral de Saúde Pública, pero catro anos máis tarde, en [[2001]], regresa á atención médica na unidade de [[vacina]]s do servizo de medicina preventiva do Complexo Hospitalario da Coruña.
 
Ao ano seguinte, en [[2002]], sendo [[Ana Pastor Julián|Ana Pastor]] [[Ministerio de Sanidade e Consumo de España|ministra de Sanidade]], convértese en directora executiva da Axencia Española de Seguridade Alimentaria. En [[2004]] regresa á Xunta de Galicia como xefa de gabinete de [[Henrique López Veiga]]. Ao ano seguinte, logo da derrota electoral do [[PPdeG]], volve ao seu posto como funcionaria, ao exercer de xefa de servizo de Produtos sanitarios da Consellería de Sanidade e Servizos Sociais.
Liña 16:
 
==Vida persoal==
Está casada e ten dous fillos muy maxos.
 
{{ORDENAR:Farjas, Pilar}}