Civilización maia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Gallaecio (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 30:
Aínda que as cidades maias estivesen dispersas na diversidade da xeografía da Meso-América, o efecto do planeamento parecía ser mínimo; as súas cidades construíronse dunha maneira un pouco descoidada, como ditaba a [[topografía]] e declive particular. A [[arquitectura maia]] tendía a integrar un alto grao de características naturais. Por exemplo, algunhas cidades existentes nas planicies de pedra calcaria no norte do Iucatán convertéronse en municipalidades moi extensas en canto que outras, construídas nos outeiros do [[río Usumacinta]], utilizaron os declives e montes naturais da súa topografía para elevaren as súas torres e templos a alturas impresionantes. Aínda así, prevalece algún sentido de orde, como é requirido por calquera gran cidade. No comezo da construción en grande escala, xeralmente se estabelecía un aliñamento coas direccións cardinais e, dependendo do declive e das dispoñibilidades de recursos naturais como auga fresca (pozos ou ''[[cenote]]s]''), a cidade crecía conectando grandes prazas coas numerosas plataformas que formaban os fundamentos de case todos os edificios maias, por medio de calzadas ou ''sacbeob''. No corazón das cidades maias existían grandes prazas rodeadas por edificios gobernamentais e relixiosos, como a [[acrópole]] real, grandes templos de pirámides e ocasionalmente canchas de xogo de bóla. Inmediatamente para fóra destes centros rituais estaban as estruturas das persoas menos nobres, templos menores e santuarios individuais. Entrementres, canto menos sagrada e importante era a estrutura, maior era o grao de privacidade. Unha vez estabelecidas, as estruturas non eran desviadas das súas funcións nin outras eran construídas, mais as existentes eran frecuentemente reconstruídas ou remodeladas. As grandes cidades maias parecían tomar unha identidade case aleatoria, que contrasta profundamente con outras cidades da meso-américa como [[Teotihuacán]] na súa construción ríxida e cuadriculada. Aínda que a cidade se dispuxese no terreo na forma en que a natureza ditara, púñase coidadosa atención á orientación direccional dos templos e observatorios para que fosen construídos de acordo coa interpretación maia das [[órbita]]s das [[estrela (astronomía)|estrelas]]. Fóra dos centros urbanos, constantemente en evolución, había os lugares menos permanentes e máis modestos do pobo común.
 
O deseño urbano maia pode describirse sinxelamente como a división do [[espazo]] en grandes [[monumento]]s e [[calzada]]s. Neste caso, as [[prazas públicas]] ao ar libre eran os lugares de reunión para as [[persoa]]s. Por esta razón, o enfoque no deseño urbano tornaba o espazo interior das construcións completamente secundario. Soamente no período posclásico tardío, as grandes cidades maias convertéronse en [[Fortaleza (arquitectura militar)|fortaleza]]s que xa non posuían a maioría das veces, as grandes e numerosas prazas do período clásico.
 
=== Materiais de Construción ===