Referendo: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición Etiquetas: caracteres repetidos Edición visual |
m Desfixéronse as edicións de 201.184.5.80 (conversa); cambiado á última versión feita por Addbot |
||
Liña 1:
{{Política}}
Un '''referendo''' é unha [[voto|votación]] sobre unha cuestión lexislativa, [[constitución|constitucional]] ou sobre calquera outra proposta oficial para que o electorado se pronuncie sobre a súa aprobación ou o seu rexeitamento.
Os referendos poden ser obrigatorios (vinculantes) ou non obrigatorios (consultivos). Un referendo consultivo deixa a interpretación do [[voto]] á lexislatura (coma o referendo sobre a [[Constitución Europea]] en [[España]]). A súa obrigatoriedade baséase no custe político que suporía non obedecelo e non nunha obrigación legal. Un referendo obrigatorio é posible só nalgúns países e sobre algúns temas, e un certo tamaño do electorado participante moitas veces é tamén un requisito previo.
Un plebiscito diríxese a tódolos [[cidadán]]s, sen ter en conta os seus [[dereito subxectivo|dereitos]]. Un plebiscito, no seu sentido máis estrito, é a petición da aprobación dun decreto gobernamental ou a aprobación das políticas xerais do goberno, tipicamente nos estados sen democracia, parlamentarismo ou órganos representativos.
Algúns países con órganos representativos ([[parlamento]]s), o uso do referendo vinculante tamén se emprega para casos de extrema importancia para o país. Algúns exemplos son:
* Irlanda, cando a Constitución do Estado irlandés Libre foi substituída pola [[Constitución]] de [[Irlanda]] por plebiscito o [[1 de xullo]] de [[1937]].
* O referéndum de [[1988]] en [[Chile]] onde se votou pola continuidade na presidencia de [[Augusto Pinochet]].
|