Gabriel Celaya: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Obra: completo listado de obras, fonte de.wikipedia.org
m →‎Traxectoria poética: pequenos erros
Liña 11:
As continuas crises matrimoniais desembocan na ruptura definitiva no [[1954]]. Dous anos máis tarde abandona o seu traballo e marcha a vivir a Madrid coa intención de vivir só da súa actividade poética, obxectivo que consegue. Empeza entón a súa etapa máis prolífica como poeta. Viaxa varias veces a [[Cuba]] na compaña do escritor cubano [[Nicolás Gullén]].
 
Coa chegada da [[democracia]] comprométese coa [[política]] e preséntase como candidato polo [[Partido Comunista de España]] nas [[eleccións]] lexislativas do [[1977]]. Tras o seu falecemento, as súas cinzas foron espalladas por Hernani e DonsotiaDonostia segundo os seus desexos.
 
== Traxectoria poética ==
Gabriel Celaya foi un poeta de traxectoria moi heteroxénea, malia que grande parte da súa sona bebe da súa etapa de poeta social comprometido coa mellora da realidade sociopolítica do tempo que lle tocou vivir. Con todo, é posible albiscar na súa obra unha serie de etapas.
 
As súas primeira obras (por exemplo, ''La soledad cerrada'', [[1947]]) teñen un marcado acento [[surrealismo|surrealista]] e [[vangardismo|vangardista]], influenciado pola ''[[Xeración do 27]]''. Pasa a continuación por unha breve época na que a súa lírica se aproxima ao [[existencialismo]] para axiña encetar unha longa etapa como poeta social, con libros como ''Cantos íberos'' (1955), auténtica manifestación de compromiso coa realidade histórica, e que supuxo, xunto co poemario de [[Blas de Otero]] ''[[Pido la paz y la palabra]]'' o punto de inflexión que marcou o cambio da poesía exitencialexistencial á comprometida. Celaya expresa o seu desexo de chegar ao pobo, polo que emprega unha linguaxe clara, coloquial, preocupádose polos contidos moito máis que polos valores formais, en palabras do propio Celaya, ''escribir como quen respira''. A inxustiza social, a [[alienación]], o mundo do [[Traballo (socioloxía)|traballo]] e as arelas de [[liberdade]] e un mundo mellor son as temáticas recorrentes desta xeira.
 
Pero, igual que lle aconteceu a Blas de Otero, Gabriel acaba desenganándose da poesía como arma para cambiar o mundo. Sabe que, aínda que non queira, a poesía seguirá a ser sempre un xénero minoritario. Adéntrase entón nunha sorte de poesía [[épica]], onde se enxerga unha preocupación polos valores lexendarios vascos (''Rapsodia éuskara'', [[1961]]) para finalmente realizar incursións na poesía experimental (''Campos semánticos'', [[1971]]), conxugando ás veces esta experimentación coa denuncia social (''El hilo rojo'', [[1977]]).