Xosé de Nazaret: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
referencia
Liña 28:
 
== Custodio de María e Xesús ==
[[File:Guido Reni - Saint Joseph and the Christ Child - Google Art Project.jpg|thumb|[[Guido Reni]], Xosé de Nazaret]]
Xosé estaba desposado (prometido) con María de Nazareth, cando se decatou que esta estaba preñada. Angustiado e decepcionado, por resultarlle evidente que o embarazo non era del, resolveu repudiar a María en segredo. Sendo un home bo, segundo o Evanxeo de Mateo, procurou evitar a infamia e o grave risco de que María fose lapidada como unha adúltera consonte a Lei de [[Moisés]]. O historiador xudeu [[Joseph Klausner]] afirma que en Galilea se exercía un control estrito sobre as mociñas comprometidas, aínda que se cadra algo máis laxo que en Xudea.<ref>Klausner, Joseph, ''Jesús de Nazareth, su vida, su época, sus enseñanzas''. Ed. Paidós 2006. pax. 291. ISBN 84-493-1834-3</ref>. Segundo as fontes cristiáns, será unha revelación obtida en soños a que lle fará permanecer ao carón de María.(Mt.1:19;20-24). Esta mesma revelación ordéalle que lle poña ao seu fillo o nome de Xesús (en hebreo ''Yehosua'', que significa ''Deus libera'' ou ''Deus salva'').