Diferenzas entre revisións de «Coca-Cola»

m
sen resumo de edición
m
m
}}
[[Ficheiro:Coca-Cola.JPG|miniatura|dereita|]]
'''Coca-Cola''' é a marca rexistrada en [[1886]], nos [[Estados Unidos de América]], dunha [[bebida de cola ]] gasosa e azucrada. A forma da botella foi tamén rexistrada en [[1960]]. NoNos países anglosaxóns recibe a denominación popular de ''Coke''.
 
== Historia e características ==
A fórmula da Coca-Cola é gardada en segredo, permanecendo desde a súa creación como un misterio cuidadosamente mantido. Só tres persoas poderían ter acceso á lista dos ingredientes que a forman e ás regras específicas da súa preparación. Porén, segundo William Reymond (autor de ''Coca-Cola, l'enquête interdite'', ''Coca-Cola, a enquisa prohibida'') pódese encontrar a receita en Internet e no seu libro.
 
En realidade, non é máis que un puro segredo de [[marketing]], pois os químicos hahai xa tempo que analizarananalizaron con precisión a fórmula da Coca-Cola.
 
O seu particular sabor procede da mestura de [[azucre]] e de esencias de [[laranxa (froita)|laranxa]], [[limón]] e [[vainilla]]. Outros ingredientes, como o [[ácido fosfórico]], terían un papel menor no seu gusto. O azucre caramelizado é o responsábel da cor escura da bebida. Cada fabricante con licenza da marca recibe o concentrado en grosos frascos, debéndose limitar a engadir a [[auga]]. Como esta ten diferente gusto segundo rexións e países, de aí que o sabor da Coca-Cola varíe segundo zonas.
=== Logotipo e envase ===
[[Ficheiro:Coca-Cola logo.svg|miniatura|dereita|Logo da Coca-Cola.]]
O coñecido logotipo da Coca-Cola foi creado polo contábel de John Pemberton, [[Frank Mason Robinson]], en [[1885]]. Foi Robinson quequen ideou o nome e quen tamén escolleu o logo en escrita cursiva. O formato usado, coñecido como tipo ''Spencer'', foi desenvolvido a mediados do século XIX e era a grafía dominante, en manuscritos formais, nos Estados Unidos, durante ese período.
 
A igualmente famosa botella de Coca-Cola, chamada a "''contour bottle''" dentro da compañía, foi creada en [[1915]] polo deseñador de botellas [[Earl R. Dean]]. Nese ano a empresa convocou un concurso entre os seus subministradores de botellas para crear unha nova para a bebida, que se diferenciase doutras: "...''unha botella que unha persoa poidera recoñecer mesmo na escuridade,e que aínda rota alguén puidese dicir de que era con só unha ollada''...". Un equipo quedou encargado de seleccionala. O auditor da compañía T. Clyde Edwards e Earl R. Dean, acabaron por inspirarse nunha imaxe dun [[coco]] con forma de [[cabaza]] que ollaron na [[Encyclopedia Britannica]], e o presidente da compañía, Chapman J. Root, aprobou o modelo que estes lle presentaron. Dean creou o molde para a botella e elaborou unhas cantas con ese molde. Aprobado definitivamente polo presidente, o deseño foi patentado en novembro de 1915, aparecendo xa no mercado en [[1916]], e, en [[1920]], era a botella estándar da empresa. Hoxe, a botella é un dos envases máis recoñecíbeis do mundo.
976

edicións