Seixalbo, Ourense: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
aumentado desde as referencias
Sen resumo de edición
Liña 16:
 
==Patrimonio==
No lugar de Zaín está a capela da [[Virxe do O]], tamén coñecida como capela da Virxe da Esperanza ou da Expectación. Ten nave de planta rectangular con muros de cachotería concertada de granito. Na portada con arco de medio punto ten porta de dúas follas. A espadana é dun só arco, con pequeno campanil, rematada en cruz de pedra. A cuberta prolóngase até una cercha apoiada en piares de madeira formando un acolledor cabido<ref>[http://patrimoniogalego.net/index.php/31757/2013/01/capela-da-virxe-da-o/ Capela da Virxe dado O], en ''Patrimonio Galego''.</ref>.
 
Entre Zaín e Zaín de Abaixo, preto da capela, hai un cruceiro de plataforma. Ao seu carón ten restos dun pedestal cúbico. Ten varal de sección circular, moi erosionado e desgastado, e a cruz tamén moi erosionada de forma singular, feita de cemento<ref>[http://patrimoniogalego.net/index.php/31752/2013/01/casona-a-torre-en-as-curuxeiras/ Casona A Torre nas Curuxeiras], en ''Patrimonio Galego''.</ref>.