Seixalbo, Ourense: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (-\|densidade = -\r\n\|entidades +|entidades)
aumentado desde as referencias
Liña 11:
|entidades = 10
}}
'''San Breixo de Seixalbo''' é unha parroquia situada ó sur do concello de [[Ourense]]. Abrangue ademais do núcleo que lle dá nome, os lugares de Zaín, Curuxeiras, parte do Cumial e Porteiro. A zona referida esténdese dende o cruce da antiga estrada de [[Celanova]] por [[San Cibrao das Viñas]], ata o [[alto do Cumial]], límite co concello de San Cibrao das Viñas. Polo leste ten as aldeas de Curuxeiras, Zaín e Rairo; polo oeste linda con San Cibrao das Viñas, do que a separa o [[río Barbaña]]. Ten unha extensión aproximada duns 6 km². En [[2011]], segundo o [[Instituto Galego de Estatística|IGE]], tiña 1.088 habitantes (531 homes e 557 mulleres).
 
Ten unha extensión aproximada duns 6 km². Esténdese dende o cruzamento da antiga estrada de [[Celanova]] por [[San Cibrao das Viñas]], ata o [[alto do Cumial]], límite co concello de San Cibrao das Viñas, do que a separa o [[río Barbaña]].
 
==Patrimonio==
No lugar de Zaín está a capela da [[Virxe do O]], tamén coñecida como capela da Virxe da Esperanza ou da Expectación. Ten nave de planta rectangular con muros de cachotería concertada de granito. Na portada con arco de medio punto ten porta de dúas follas. A espadana é dun só arco, con pequeno campanil, rematada en cruz de pedra. A cuberta prolóngase até una cercha apoiada en piares de madeira formando un acolledor cabido<ref>[http://patrimoniogalego.net/index.php/31757/2013/01/capela-da-virxe-da-o/ Capela da Virxe da O], en ''Patrimonio Galego''.</ref>.
 
Entre Zaín e Zaín de Abaixo, preto da capela, hai un cruceiro de plataforma. Ao seu carón ten restos dun pedestal cúbico. Ten varal de sección circular, moi erosionado e desgastado, e a cruz tamén moi erosionada de forma singular, feita de cemento<ref>[http://patrimoniogalego.net/index.php/31752/2013/01/casona-a-torre-en-as-curuxeiras/ Casona A Torre nas Curuxeiras], en ''Patrimonio Galego''.</ref>.
 
Nas Curuxeiras está a capela de San Blas, construída sobre unha plataforma horizontal. Ten planta rectangular, con muros de cachotería concertada de granito. A portada é adintelada, con porta de dúas follas e un pequeno oco na cara norte. A espadana é recente, con forma semicircular, rematada en cruz de pedra<ref>[http://patrimoniogalego.net/index.php/31746/2013/01/capela-de-san-blas-en-as-curuxeiras/ Capela de San Blas nas Curuxeiras], en ''Patrimonio Galego''.</ref>.
 
Preto desta capela está a Casona da Torre. Ten planta rectangular de dúas alturas, con muros de cachotería concertada. A fachada nordeste ten balcón e ventá singular. Accédese a ela por un portalón con arco. Segundo a tradición podería ter a súa orixe nunha antiga torre medieval<ref>[http://patrimoniogalego.net/index.php/31764/2013/01/cruceiro-en-zain/ Cruceiro en Zaín], en ''Patrimonio Galego''.</ref>
 
==Notas==
{{listaref}}
 
==Lugares e parroquias==