Irlanda: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Anton45 (conversa | contribucións)
Rotlink (conversa | contribucións)
m fixing dead links
Liña 65:
'''Irlanda''' estivo cuberta por xeo e unida a Gran Bretaña e Europa durante a derradeira [[glaciación]]. Estivo deshabitada até aproximadamente 9.000 anos. Os habitantes da Idade de Pedra chegaron algo despois do 8000 a.d.C, e a cultura progresou dende o mesolítico ó alto neolítico no curso de tres ou catro milenios aproximadamente. Coa Idade de Bronce, que comezou ó redor do 2500 a.C., trouxo a produción de elaboradas ferramentas e ornamentos de bronce e ouro. A Idade de Ferro en Irlanda está asociada ós celtas. Pénsase que colonizaron a illa nunha serie de vagas entre os séculos VIII e I a.C., e que coa derradeira vaga de celtas, foi conquistada a illa e dividida en cinco ou máis reinos. Os romanos chamaban a Irlanda [[Hibernia]].<ref>[http://www.irishclans.com/articles/romansinireland.html Os Romanos e Irlanda] www.irishclans.com</ref> [[Ptolomeo]] no ano 100 fai un estudo da xeografia e as tribos de Irlanda.<ref>[http://www.roman-britain.org/ptolemy.htm A Xeografía de Ptolomeo] www.roman-britain.org</ref>. A relación exacta entre Roma e as tribos de Hibernia non está hoxe clara, xa que as únicas referencias atopámolas nuns poucos escritos romanos.
 
Os historiadores manteñen que no 432, [[San Patricio]] chegou á illa e, nos anos vindeiros, tratou de converter a Irlanda ó [[Cristianismo]].<ref>[http://web.archive.org/web/20040514031610/http://www.bbc.co.uk/religion/religions/christianity/features/stpatrick/index.shtml BBC Online - Christianity - Features - St Patrick] www.bbc.co.uk/religion </ref> As tradicións druídicas desapareceron ante a forza das novas crenzas. As artes da ilustración dos manuscritos, o traballo do metal e a escultura floreceron e produciron tesouros como o [[Libro de Kells]], xoiería, e as traballadas cruces de pedra que cubren a illa. Isto foi interrompido no século IX por 200 anos de guerra contra os piratas viquingos que saqueaban mosteiros e vilas. Eventualmente conseguían establecerse en Irlanda, formando vilas como as actuais cidades de [[Dublín]], [[Cork]], [[Limerick]] e [[Waterford]].
 
En [[1172]], o rei [[Henrique II de Inglaterra]] conseguiu as terras irlandesas co visto e prace do papa inglés [[Adrián IV]], e sobre o século XIII, a lexislación inglesa comezou a ser aplicada á illa. O dominio inglés estivo durante moito tempo limitado á área ó redor de [[Dublín]] e [[Waterford]], pero comezou a expandirse no século XVI co colapso final da superestrutura social e política gaélica; e no século XVII os Tudor reconquistaron Irlanda e comezou a colonización protestante das terras de Irlanda, sendo nesta época cando o dominio inglés se estende por toda a illa. Trala rebelión irlandesa de 1641, ós católicos irlandeses negóuselles o voto e a presenza no [[Parlamento de Irlanda]]. O dominio da nova clase inglesa protestante foi coñecido como o ''ascendente protestante''.