Abrir o menú principal

Cambios

m
Este xeito de cristianización, aplicado a Galicia, sobre todo ás zonas rurais, dá como resultado que moitas divindades e lugares de culto relacionadas coa terra ou a fertilidade -divindades normalmente femininas- acabaron convertidas en lugares de culto mariano.
 
De feito, moitos santuarios marianos actuais atópanse preto de fontes ou olleiros de auga, incluso a carón de xacementos arqueolóxicos. Por exemplo, no santuario da Virxe deda [[A Franqueira, A Cañiza|A Franqueira]], hai, chegando ao templo, unha fonte chamada "da Virxe" e, no [[monte de Paradanta]], xusto enriba da parroquia, un [[dolmen]], no que a lenda di que apareceu a imaxe, que ten un gravado en espiral ao que lle chaman a "coroa da Virxe".
 
Outro exemplo pode ser o da virxe de [[Aguasantas, Cotobade|Aguasantas]], no que segundo a lenda: ''Un domingo unha cega do lugar das Boliñas ía a misa acompañada dun familiar, e ó pasar a carón dunha fonte, ó pé da casa, lavouse. Ó pasar a auga polos ollos recuperou a vista, e tralo milagre, impulsada por un presentimento, atopou unha imaxe da Virxe entre a maleza''<ref>Ver artigo [[Aguasantas, Cotobade]]</ref>. Ou tamén a [[Santuario da Virxe dos Milagres]] de [[Amil, Moraña]], á que lle cantan: ''Miña Virxe dos Milagres/ que fas milagres na terra,/ fixeches nace-la auga/ na fonte da Rozavella.''<ref>Ver artigo [[Amil, Moraña]]</ref>