Salvador, Baía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Rotlink (conversa | contribucións)
m fixing dead links
Liña 19:
Foi unha época na que, co gallo da modernización, creáronse novas infraestruturas (Avenida J.J.Seabra, 1912-16, que abría o desenrolo ao leste no canto do río das Tripas xa soterrado a finais do XIX) pero tamén destruíuse gran parte do legado da cidade histórica, sinaladamente a Sé (1933, para deixar paso aos tranvías; substituída pola igrexa xesuíta do Terreiro de Xesús coma nova Basílica Catedral <ref> ''Vista do cantil da vila no final do XIX: ábsida da Sé (fl. vermella, derrubada en 1933); o da igrexa xesuíta, Catedral despois de 1933 (fl. marela); na Cidade Baixa os edificios pombalianos dos primeiros aterros do XIX'' [http://4.bp.blogspot.com/-25tblrfck_4/TfiMPDHJsRI/AAAAAAAAEyI/Ww3dVLUD6tw/s400/duas%2Birgrejas%2Bsinalizadas%2Bcom%2Bresisdencias.jpg]</ref>). As clases acomodadas foron deixando a Cidade Alta cara ó sur (borde litoral) mentres que aquela deteriorábase caendo na marxinación. A península de Itapagipe ao noroeste foi ocupada por unha incipiente industria e clases populares <ref> ''Mapa de Salvador no s.XIX: distínguese con claridade a cidade reticulada colonial e os dous conventos que marcan a apertura norte (Carmo) e sur (S.Bento); na Cidade Baixa os primeiros aterros permitiran un avance da liña costeira con un apertado viario (estilo pombalino); a península de Itapagipe á esquerda'' [http://1.bp.blogspot.com/_FDJjcxz4zHM/TLnaECn1LyI/AAAAAAAABD0/MGGN3daEfm0/s1600/planta+ssa3.jpg]</ref>.
 
En 1939, descubriuse petróleo no norte do termo municipal. Foi o comezo da verdadeira industrialización da vila (1953 asentamento de Petrobras e despois outras industrias do refino) e con ela a chegada de continxentes de inmigración do rural que en poucas décadas fixeron da decadente vila colonial unha pequena metrópole <ref> ''Esquema coa evolución no tempo da mancha urbana de Salvador; "Geografia de Salvador" A.Bittencourt e P.Baqueiro, pdf (1,6Mb) páx. 139, 90 e 92'' [https://repositorio.ufba.br/ri/bitstream/ufba/587/3/Geografia%20de%20Salvador%20.pdf]</ref><ref> ''Vista xeral da metrópole bahiana'' [httphttps://archive.is/20120718225615/img145.imageshack.us/img145/8569/salvador49au.jpg]</ref>.
 
A capital do [[Estado da Bahia]] está a recuperar nas últimas décadas o seu pasado esplendor colonial coa rehabilitación do rico patrimonio que aínda conserva.