Sarandós, Abegondo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Engadida foto da casa de Felipe II
Corrixo o topónimo: Sarandóns > Sarandós
Liña 29:
 
Unha cita popular recolle unha lenda relacionada con este xacemento<ref name="SanchezPardo"></ref>:
{{Cita| Segundo a tradición popular no lugar da Fraga (en [[Montouto, Abegondo|Montouto]]) existen unhas covas que eran empregadas polos Mouros para levar os seus cabalos a beber ó rueiro de [[Bordel, Sarandós, Abegondo|Bordel (SarandónsSarandós)]]. Por isto, narran que os Mouros gardaron nas xa ditas covas un pote de ferro cheo de moedas de ouro. Este pote aparecía ás veces nas leiras e montes do lugar. Unha vez un home que ía traballar ó monte viu o pote, entón foi ós catro pés a acarón das casas máis próximas para pedir axuda ós veciños. Catro homes acompañaron ó noso protagonista ó monte, mais cando chegaron o pote xa non estaba. Todo este ouro do que estivemos a falar -segundo a tradición popular- foi cara ó mar ó non ser atopado.|Esculca nº 5<ref name="eiravellac"></ref>}}
 
===Monte dos Matos===
Liña 48:
::San Miguel de Figueiroa.|[[Sta. Rita Couceiro]], en "[[Cantares Populares]]"<ref>[http://www.realacademiagalega.org/imaxin-boletins-web/paxinas_marcadas.do?id=844&text1=figueiroa&text2= Boletín 92 (Redacción)]. "Cantares Populares". [[Real Academia Galega]].</ref>}}
 
=== Capela de San Xoán de SarandónsSarandós ===
Asentada no centro da ''Calle'', atópase esta capela, dunha tipoloxía frecuente na comarca. É un templo do primeiro barroco, do século XVII, cun estilo máis relevante do rexurdimento. É de pequeno tamaño e dunha estrutura simple, de planta rectangular e dunha soa nave. Está feita de pedra e dunha factura moi sinxela<ref name="turgalicia"></ref>. A fachada loce un escudo dos Moscoso, os Andrade, os Armada, Rioboo, Vilardefrancos e Ribadeneira, sendo o século mais relevante o XVII e de estilo predominante Renacentista.<ref name="rocha">[http://rochacarro.blogspot.com.es/2013/05/sarandons-abegondo-capela-de-san-xoan.html] SARANDONS (Abegondo).- Capela de San Xoan - Casa de Felipe II - O Convento - Igrexa parroquial de Santa Maria</ref>.
 
Liña 55:
A Casa de Filipe II, tamén denominada Pazo de Barral, foi construída na primeira metade do século XVI e sitúase na Calle. Tal e como se indica nun dos seus escudos da fachada, nela fixo noite o Rei [[Filipe II de España]], para embarcar dende A Coruña cara a Inglaterra e contraer nupcias coa súa tía a Raíña [[María Tudor]]. A un e outro lado das armas reais, na fachada léese: "FELIPE II ESTUBO EN ESTA CASA ANO 1554". O edificio, que forma parte dese rueiro, está composto por dúas plantas, e ademais de escudos, nas súas fachadas ten arcos conopuais e dinteis decorados. As portas están adornadas con arcos e resaltan a porta central con bolas. Un dos escudos na fachada é o da familia de Fernando González de Barral e Sotomayor, quen posuíu o terreo, e o outro é un escudo da realeza española, ao que non lle falta o cáliz heráldico do Reino de Galicia.<ref name="turgalicia"></ref><ref name="eiravellac">[http://eiravellaac.blogaliza.org/files/2010/04/Xanela-28-completa.pdf] A Xanela, Revista Cultural das Mariñas.</ref><ref name="concello">[http://www.abegondo.es/] Concello de Abegondo</ref>.
 
===Convento de SarandónsSarandós===
Construído no século XIX, preto da igrexa parroquial. Foi un antigo hospital. A denominación procede por un edificio anterior ao actual que servira de convento e que se achaba no mesmo lugar. Ese antigo priorado de SarandónsSarandós era un dos que, segundo [[Ramón Villares]], no século XVIII aportaba ingresos ao [[mosteiro de San Martiño Pinario]], en [[Santiago de Compostela]]. Do arquivo particular dos donos da casa, despréndese que o fundador do vínculo de Sarandós foi Gómez de Barral, rexedor de Santiago no ano 1547 e estivo en mans eclesiásticas ata o 1836<ref name="rocha"></ref><ref name="pxom"></ref>. Na parede do muro que linda coa estrada que vai cara a [[Bordelle, Sarandós, Abegondo|Bordelle]], hai un reloxo de sol e mostra dous escudos de [[Figueroa, Abegondo|Figueroa]].
 
Nas terras deste convento hai unha fonte de dimensións considerables, situada no lateral norte da finca e feito con cachotería. A súa planta é circular, ten pouca altura<ref name="pxom"></ref>.
Liña 64:
 
=== Casa das Veigas ===
Nas [[Veigas, SarandónsSarandós, Abegondo|Veigas]] é unha vivenda destacable polo estilo americano da súa construción. Posúe unha planta rectangular de tres alturas, muros de ladrillo enfuscado e dúas augas de tella árabe. A fachada principal ten vans de madeira. Posúe na finca cortes e un amplo pombal. A casa estivo vinculada a propiedades do Marquesado de [[Figueroa, Abegondo|Figueroa]]<ref name="pxom"></ref>.
 
=== Lavadoiro dos Remedios ===