Diferenzas entre revisións de «Xeración do 36»

(Nova páxina: A '''Xeración de 1936''' estivo formada por escritores nados nas décadas de 1910 e 1920 e que comezaron a publicar as súas obras na década de 1950. Ó comezo estes escr...)
 
 
 
=== [[Aquilino Iglesia Alvariño]] ===
Aquilino I. Alvariño foi o único membro da xeración que non cultivou a poesía socialrealista, nembargantes a súa obra principal ''Cómaros Verdes'' foi unha das máis importantes da xeración. En Cómaros Verdes a paisaxe convértese no núcleo principal da obra, sendo empregada como pretexto para a expresión dos sentimentos ou como descripción.
A obra remata cunha serie de odas onde fai unha homeaxe a tódolos grandes poetas (galegos ou non) do pasado.
 
 
=== [[Álvaro Cunqueiro]] ===
A pesares de que foi nos tempos da preguerra cando máis cultivou a súa poesía vangardista, foi na década dos anos 50 cando publicou ''Herba de aquí e acola'', obra cumio da súa carreira e da poesía galega do [[século XX]]. A obra estrutúrase en dúas partes: ''As Historias'', onde recrea personaxes históricos e literarios, e ''Vellas sombras e novos cantos'' onde publica os seus versos máis melancólicos, xa cando presaxia a súa morte.
 
 
=== [[Celso Emilio Ferreiro]] ===
Celso E. Ferreiro é considerado un dos mellores poetas da xeración de 1936 e o maior representante da [[Poesía socialrealista]].
As súas obras máis importantes, encadradas na xeración son: ''O soño asulagado'', Obra de crítica social e poesía intimista onde mostra a súa saudade polo paraíso perdido identificado coa súa nenez en [[Celanova]]; ''[[Longa noite de pedra]]'', Obra de denuncia social contra a opresión franquista; ''Viaxe ó país dos'' ananos e ''Cantigas de escarnio e maldicir'',Obras donde fai un axuste de contas con determinados sectores da emigración galega en [[Caracas]] polo súa falta de interese pola cultura galega e o mal trato os seus compatriotas; e ''Onde o mundo se chama Celanova'' Constitúe o seu último poemario publicado en vida, nel adica os seus derradeiros poemas á súa muller Moraima.
15.286

edicións