John Jellicoe: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova Celandia -> Nova Zelandia
m (Script) File renamed: File:John Jellicoe Admiral of the fleet.jpgFile:John Jellicoe, Admiral of the Fleet.jpg Capitalize properly as part of preparing restored version
Liña 1:
[[Imaxe:John Jellicoe, Admiral of the fleetFleet.jpg|miniatura|250px|Sir John Jellicoe]]
O almirante da frota '''John Rushworth Jellicoe''', nado o [[5 de decembro]] de [[1859]] e finado [[20 de novembro]] de [[1935]], foi un oficial británico da [[Royal Navy]]. Loitou na [[Guerra anglo-exipcia de 1882]] e no [[Levantamento dos bóxers]] e comandou a [[Grand Fleet]] na [[batalla de Xutlandia]] en maio de [[1916]], durante a [[Primeira Guerra Mundial]]. O seu mando sobre a frota nesa batalla foi controvertido: non cometeu erros graves e a [[Hochseeflotte]] alemá retirouse a porto (nun momento no que unha derrota tería sido catastrófica para o [[Reino Unido]]), pero no momento foi decepcionante para o público británico que agardaba unha vitoria á mesma escala que a [[batalla de Trafalgar]]. Jellicoe posteriormente serviu como Primeiro Lord do Mar pero foi retirado a finais de [[1917]] como resultado da súa pesimista visión, declarando que non podía facerse nada para derrotar aos [[U-boat]]s. Tamén serviu como Gobernador Xeneral de [[Nova Zelandia]] a principios dos anos 20.