Antonio Banderas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Liña 40:
O seu pai foi comisario de policía e a súa nai mestra de educación sexual. Estudou na Escola de arte dramática da [[Málaga|capital da Costa do Sol]]. A súa vocación levouno ata [[Madrid]], onde con 19 anos actúa en pequenos teatros durante a época da [[movida|movida madrileña]]. Os seus comezos no [[cine]] e os seus primeiros éxitos débellos ao famoso director de cine [[Pedro Almodóvar]] durante a década dos [[anos 1980|80]], grazas ao cal recibe dúas candidaturas aos [[Premios Goya]] polas películas ''[[Matador]]'' ([[1986]]) e ''[[¡Átame!]]'' ([[1989]]). Realizou con el cinco películas, algunhas delas con grandes éxitos como foron ''[[La ley del deseo]]'' ([[1987]]) ou ''[[Mujeres al borde de un ataque de nervios]]'' ([[1988]]), que foi nominada ao Oscar como mellor película de fala non inglesa.
 
Grazas ás películas de [[Pedro Almodóvar|Almodóvar]], o nome de Antonio BandeirasBanderas empeza a facerse popular nos círculos cinéfilos de medio mundo. Unha afortunada aparición no filme documental ''[[Truth or dare]]'' lanza a BandeirasBanderas á fama; todos preguntan quen é ese "[[latin lover]]" que volve tola a [[Madonna]] e que ela non consegue seducir (estaba casado).
 
En [[1988]] casa con [[Ana Leza]]; divórcianse en [[1996]]. Posteriormente contrae matrimonio coa actriz norteamericana [[Melanie Griffith]], á que coñece durante a rodaxe da película ''[[Two Much]]'' do cineasta español [[Fernando Trueba]]. A parella ten unha filla, Stella del Carmen, e os tres residen en [[Hollywood]], onde o actor emprende unha proveitosa carreira cinematográfica. É o actor máis famoso do país, e un dos máis importantes dos actores [[latino|latinos]].
 
Antonio BandeirasBanderas escalou posicións no cine norteamericano en poucos anos, con papeis de co-protagonista en ''[[The Mambo Kings]]'', ''[[Interview with the Vampire: The Vampire Chronicles]]'' (xunto a [[Brad Pitt]] e [[Tom Cruise]]), ''[[Original Sin]]'' (con [[Angelina Jolie]]) e ''[[Evita]]'' (con [[Madonna]]), onde aborda un papel musical con difíciles cancións. Alén disto, cantou un tema para a banda sonora de ''[[Desperado]]'' e un dueto con [[Tina Turner]].
 
Co seu éxito, atrévese ademais como [[director de cine]] con películas como ''Crazy in Alabama'' [[1999]], a cal protagoniza a súa propia muller e a recente ''El camino de los ingleses'', cuxa rodaxe se desenvolveu en [[Málaga]]. Tamén puxo voz ao personaxe do Gato con Botas na segunda e terceira partes da exitosa película de animación [[Shrek]] e está previsto que o faga nas seguintes secuelas que se preparan.
Liña 50:
Un dos seus últimos traballos como actor é [[The Legend of Zorro]], estreada en [[2005]] e coa que se suma a outras moitas películas sobre este heroe enmascarado. Tamén obtivo un grande éxito comercial coas tres entregas de [[Spy Kids]] e participou no filme [[Frida]] sobre a coñecida artista mexicana [[Frida Kaloh]] á que deu vida [[Salma Hayek]].
 
Como empresario, Antonio BandeirasBanderas, xunto co seu irmán, emprendeu unha serie de negocios como [[investidor]] en diferentes empresas [[Andalucía|andaluzas]] ou en restaurantes como "La Posada de Antonio" utilizando a súa proxección internacional como medio de publicidade en [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]].
 
Foi nomeado [[Fillo Predilecto da Provincia de Málaga]] o [[7 de xuño]] de [[2005]].