Arroaz pinto: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
arranxiño |
ampliación |
||
Liña 27:
| range_map_caption = Distribución do arroaz pinto
| synonyms =
:''Véxase texto''
* ''Lagenorhynchus gubernator'' <small>Cope, 1876</small>▼
* ''Lagenorhynchus leucopleurus'' <small>(Rasch, 1843)</small>▼
* ''Lagenorhynchus perspicillatus'' <small>Cope, 1876</small>▼
* ''Delphinus acutus'' <small>Gray, 1828</small>▼
* ''Delphinus leucopleurus'' <small>Rasch, 1843</small>▼
}}
O '''arroaz pinto''', ''Lagenorhynchus acutus'',<ref>Lahuerta Mouriño, F. e F. X. Vázquez Álvarez (2000): ''Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos''. Santiago: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8.</ref> é unha [[especie (bioloxía)|especie]] de [[cetáceo]] [[odontoceto]] da [[familia (bioloxía)|familia]] dos [[delfínidos]].
Trátase dun [[golfiño]] de coloración característica, branca e negra, como a de todos os seus conxéneres, que vive nas augas temperadas e frías
As áreas de máis alta poboación son as costas de [[Terra Nova]] e o [[Cabo Cod]], e o triángulo formado entre o [[Reino Unido]], [[Islandia]] e o [[mar do Norte]]. Accidentalmente pode chagar ás augas de [[Francia]], [[Portugal]] e [[España]].<ref name=W/>
== Taxonomía ==
A especie ''Lagenorhynchus acutus'' foi descrita por [[John Edward Gray|Gray]] en [[1828]], na súa obra ''Original figures and short systematic descriptions of new and unfigured animals. Spicilegia Zoologica Part 1'', na que lle adxudicou o nome de ''Delphinus (Grampus) acutus''.<ref name=W> [http://www.marinespecies.org/aphia.php?p=taxdetails&id=137100 ''Lagenorhynchus acutus'' (Gray, 1828)] no [[WoRMS]].</ref>
O nombre específico, ''acutus'', vén do [[latín]] e refírese á forma da súa [[aleta|aleta dorsal]].
=== Sinonimia ===
Ao longo do tempo, a especie coñeceuse por varios sinónimos:
* ''Delphinus eschrichtii'' Schlegel, 1841
* ''Electra acuta'' Gray, 1868
* ''Leucopleurus arcticus'' Gray, 1846
En [[1846]] Gray describiu o xénero ''Lagenorhynchus'',<ref>Gray, J. E. (1946): ''Ann. Mag. Nat. Hist.'', [ser 1.], '''17''': p. 84.</ref> (nome que derivou do [[lingua grega|grego antigo]] λαγήνος ''lagénos'' "botella" e ‘ρύγχος ''rhýnchos'' "fociño", é dicir, "co fociño en forma de botella".<ref>Merriam-Webster's Unabridged Dictionary.</ref>), no que incluíu en [[1866]] esta especie, como ''Lagenorhynchus leucoplerus''. Máis tarde foi reclasificada co seu nome actual, cando se comprobou a identidade de ''L. leucoplaurus'' con ''Delphinus acutus''.<ref name=W/>
Na actualidade, é un dos seis [[golfiños|golfiños oceánicos]] do xénero ''[[Lagenorhynchus]]''.
== Descrición ==
[[Ficheiro:Atlantic white-sided dolphin swimming.jpg|miniatura|250px|Golfiño pinto nadando preto da costa de [[Cape Ann]], [[Massachusetts]].]]
Este golfiño é notabelmente máis longo do que outros [[delfínidos|golfiños oceánicos]]. Ao naceren os golfiños pintos miden un metro de lonxitude, e alcanzan aproximadamente 2,80 m en estado adulto os machos e 2,50 m as femias. O peso total varía entre os 200 e os 230 kg para un exemplar totalmente desenvolvido.
A característica distintiva do ''Lagenorhynchus acutus'' é a súa mancha (''parche'', que din os cetólogos) branca o de cor amarela pálida a cada lado do tronco, baixo a [[aleta|aleta dorsal]]. As variacións de cor do animal son únicas, dentro da gama de mesturas de branco, gris e azul comúns a outros [[cetáceo]]s peláxicos. O resto do corpo presenta unha coloración ben definida, coa garganta, barbela e ventre de cor branca, o dorso e as aletas de cor de gris escura a negra, coa excepción do ''parche''. Tamén hai un borroso ''parche'' branco debaixo da aleta dorsal, sobre unha banda gris clara que corre desde o fociño, baixo os ollos, e que baixaa até o nacemento da [[aleta|aleta caudal]].
== Bioloxía ==
=== Alimentación ===
Das análises de contido estomacal dedúcese que se alimentan principalmente de [[peixes]] como [[arenque]]s, [[sardiña]]s e [[xarda]]s, e tamén de [[lura]]s.
=== Conduta ===
O golfiño pinto é alegre e acróbata, e moi sociábel, xa que interactúa cos barcos, aínda que non tanto como outras especies da familia.
Os grupos varían segundo a rexión, con agrupacións que promedian 60 exemplares erca das costas da [[Terra Nova|illa da Terra Nova]], e máis pequenos ao leste de [[Islandia]].
=== Reprodución ===
As femias alcanzan a madurez sexual entre os 6 e os 12 anos, e os machos entre os 7 e os 11 anos. O período de xestación é de 11 meses, e a lactancia dura case un ano e medio. Sábese de individuos que viviron até os 22 anos, os machos, e até os 27, as femias.
== Hábitat e poboación ==
[[Ficheiro:Faroe stamp 326 atlantic white sided dolphin (lagernorhyncus acutus).jpg|miniatura|200px|Golfiños pintos nun selo de correo das [[illas Feroe]].]]
A especie é endémica do [[océano Atlántico]] norte. As zonas con maior densidade de poboación son as costas de [[Terra Nova]] e o [[Cabo Cod]], a rexión triangular de mar entre o [[Reino Unido]], [[Islandia]] e [[Groenlandia]], e o [[mar do Norte]].<ref name=H/>
Crese que a poboación total é da orde de entre 200.000 e 300.000 exemplares.<ref name=H/>
== Estado de conservación ==
Na actualidade calcúlase a súa poboación total oscila entre os 200 000 e os 300.000 individuos, polo que a situación actual da especie, segundo a [[UICN]], e de ''pouco preocupante''.<ref name=H>Hammond, P. S., Bearzi, G., Bjørge, A., Forney, K., Karczmarski, L., Kasuya, T., Perrin, W. F., Scott, M. D., Wang, J. Y., Wells, R. S. & Wilson, B. (2008): ''Lagenorhynchus acutus'' en [http://www.iucnredlist.org/apps/redlist/details/11141/0 ''Lista vermella''] de especies ameazadas da [[UICN]] (versión 2003.1).</ref>
== Interacción co home ==
[[Ficheiro:Whaling in the Faroe Islands.jpg|200px|miniatura|Golfiños pintos mortos nun porto das [[illas Feroe]] produto da caza. Imaxe do ano [[2006]].]]
Historicamente o ''Lagenorhynchus acutus'' foi cazado en expediciósnes desde [[Terra Nova]] e [[Noruega]], que hoxe xa non se efectúan.
Pero aínda teñen lugar nunha área máis reducida, ao redor das [[illas Feroe]], onde se cazan uns 1.000 exemplares cada ano. A especie ten unha carne moi aoreciada para o consumo.
Non se sabe o efecto a longo prazo desta política sobre o océano circundante, e que podería supoñes un perigo sobre o que chamaron a atención os conservacionistas, aínda que en gran escala a supervivencia da especie non se encontra ameazada.<ref name=H/>
== Notas ==
{{listaref}}
== Véxase tamén ==
{{commonscat}}
{{wikispecies|Lagenorhynchus acutus}}
=== Bibliografia ===
* Carwardine, M. (1995): ''Ballenas, delfines y marsopas. <small>Guía visual de todos los cetáceos del mundo</small>''. Barcelona: Omega. ISBN 84-282-1037-3.
Liña 52 ⟶ 101:
* Perrin, William F., Bernd Wursig & J. G. M. Thewissen (eds.) (2002): ''Encyclopedia of Marine Mammals''. 2ª ed. San Diego, California: Academic Press. ISBN 978-0-12-373553-9.
* Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (eds.) (2005): ''Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference''. Third edition. ISBN 0801882214.
=== Outros artigos ===
* [[Cetáceos]]
* [[Odontocetos]]
* [[Delfínidos]]
=== Ligazóns externas ===
* [http://animaldiversity.ummz.umich.edu/site/accounts/information/Lagenorhynchus_acutus.html ''Lagenorhynchus acutus''] en ADW. {{en}}
* [http://www.wdcs-sa.org Sociedade para a Conservación de Baleas e Golfiños / Whale and Dolphin Conservation Society (WDCS)] {{es}}
* [http://www.arkive.org/atlantic-white-sided-dolphin/lagenorhynchus-acutus/ Atlantic white-sided dolphin (Lagenorhynchus acutus)] en ARKive. {{es}}
[[Categoría:Delphinidae]]
|