Isabel Blanco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 36:
 
==Traxectoria==
Filla de galegos emigrados en [[Suíza]], Isabel Blanco trasladouse a [[Galicia]] na súa adolescencia. Licenciouse en [[Tradución]] e [[Interpretación]] de [[Lingua inglesa|inglés]] e [[Idioma alemán|alemán]] e mesmo chegou a exercer como intérprete no [[Hostal dos Reis Católicos]] de [[Santiago de Compostela]]. Porén, no ano [[1996]] e despois de superar unha proba de selección para a [[TVG]], iniciou a súa carreira televisiva como co-presentadora do espazo de humor ''[[A repanocha]]'' canda [[Tacho González]]. En [[1998]] deu o salto á interpretación actoral ao poñerse na pel de María Ares en ''[[Mareas vivas]]'', da que principiou sendo a protagonista canda [[Luis Tosar]] e da que rodou máis de 150 capítulos entre [[1998]] e [[20032002]]. A serie foi un éxito de masas entre o público galego e grazas a ela Isabel Blanco acadou gran sona.
 
Máis tarde participaría noutras producións para a [[TVG]] coma ''[[Rías Baixas (serie de televisión)|Rías Baixas]]'' ou ''[[Avenida de América]]'', ademais doutra de ámbito estatal, ''[[Nada es para siempre]]'', que emitiu [[Antena 3]].