Dirección de cine: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Jglamela (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
A '''dirección de cine''' é o posto profesional encargado de dirixir a filmación dunha [[filme|película]], dando instrucións ós [[actor|actores]] e [[actriz|actrices]], decidindo o ángulo da cámara e o desprazamento desta, supervisando o decorado e o vestiario, e todas as demais funcións necesarias para levar a cabo a rodaxe.
 
A importancia que se lle ten dado ós directores na historia do cine é variada. Por exemplo, na época de ouro de [[Hollywood]], o posto máis importante na creación dunha película era a [[produción de cinema|produción]], e a personaxe máis relevante era o actor ou a actriz, sendo considerada a dirección como a parte técnica que dirixía cada día a filmación. Primeiro en [[Europa]] e, máis tarde nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], o cargo de dirección foi adquirindo maior relevancia ata chegar a ser considerado a parte principal na autoría dunha película.