American Beauty: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
engado recadación
Jglamela (conversa | contribucións)
Liña 28:
== Argumento ==
{{Spoiler}}
A [[filme|película]] trata da vida de Lester Burnham, de 42 anos, un executivo de publicidade de [[Chicago]] e pai de familia. Ó principio, escóitase a Lester describindo a súa contorna e a súa familia, que é un desastre. A súa esposa Carolyn é unha ambiciosa vendedora inmobiliaria á que só lle importa o éxito profesional. A súa filla Jane, de 16 anos, é unha típica [[adolescente]] apática e con complexos que se queixa do seu pai porque non lle presta suficiente atención e porque, segundo ela, “non é normal”. Lester di: ''"Janie é unha típica adolescente: enfadada, insegura e confusa. Gustaríame dicirlle que todo isto pasará, pero non quero mentirlle"''. Jane e Lester levan tempo sen falarse.
 
Lester descríbese como un perdedor, aburrido, alguén fácil de esquecer. Pero a súa vida vai sufrir un cambio radical...