Biopsia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
ArtaiGZ (conversa | contribucións)
ArtaiGZ (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 5:
==Etimoloxía==
O termo ''biopsia'' está composto e procede do [[Idioma grego|grego]] ''bio'' (vida),e ''opsis'' (observar).
 
==Historia==
Unha das primeiras bipsias das que se ten constancia foi realiada polo físico árabe [[Abulcasis]] ([[1013]]–[[1107]]), cando empregou unha pequena agulla para pinchar unha glándula [[tiroides]] con [[bocio]].<ref>{{cita publicación periódica|apelidos=Anderson|nome=J.B.|título=Fine-needle aspiration biopsy and the diagnosis of thyroid cancer.|revista=The British journal of surgery.|ano=1987|páxinas=292–296|dataacceso=12 de agosto de 2014}}</ref>
 
==Tipos de biopsia==
Liña 21 ⟶ 24:
 
=== Punción-aspiración con agulla fina (PAAF)===
É a biopsia obtida mediante a punción cunha agulla de pequeno calibre, conectada a unha xeringa que é quen de aspirar un líquido corporal de xeito enérxico. Normalmente obtéñense mostras de células illadas, que posteriormente se extenden nunha lámina para seren observadas despois no microscopio. Máis que unha biopsia pode ser considerada unha técnica de [[citoloxía]].
 
A PAAF adoita empregarse para obter mostras de órganos profundos, como p [[páncreas]] ou o [[pulmón]], e case que sempre se realizan coa axuda dun [[TAC]] ou [[ecografía]]. A PAAF ten coma desvantaxa que non adoita proporcionar un diagnóstico definitivo, sendo precisas posteriores técnicas diagnósticas para completar o estudo da doenza.
 
===Biopsia de medula ósea===
Esta biopsia adoita ser practicada por [[Hematoloxía|hematólogos]] ou patólogos internistas, e a localización da biopsia é a [[cresta ilíaca]] posterosuperior da [[pelvis]], o [[óso]] [[sacro]] ou o óso [[esterno]]. As mostras obtidas poden ser empregadas para diagnosticar diversos trastornos do [[sangue]], coma [[linfoma]]s, [[leucemia]]s ou outros tumores sanguíneos.
 
===Punción-aspiración con agulla grosa (PAAG)===
A punción e aspiración con agulla grosa, tamén coñecida coma ''core biopsia'' ou ''tru-cut'', realízase mediante pistolas automáticas, e precisa de anestesia local.
 
==Notas==
{{Listaref}}
==Véxase tamén==
===Outros artigos===