Tove Jansson: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sernostri (conversa | contribucións)
Sernostri (conversa | contribucións)
Liña 5:
 
== Traxectoria ==
Tove medrou coma a maior de tres irmáns dunha familia de artistas na capital finlandesa, [[Signe Hammarsten-Jansson]] súa nai era unha artista gráfica que procedía de Suecia mentres seu pai, [[Viktor Jansson]] era escultor. Os irmáns de Tove, [[Lars Jansson]] e [[Per Olov Jansson]] tamén se dedicaron ao mundo artístico, o primeiro á banda deseñada e o segundo á fotografía. Durante a súa infancia a familia pasaba os invernos nun estudio e os veráns primeiro nunha illa de [[Bildö]] no [[arquipélago de Estocolmo]] na casa de seus avós e despois nunha illa preto de [[Porvoo]], paisaxes que lle serviron anos despois como inspiración para o val onde vivían os Munintroll<ref>[http://www.kansallisbiografia.fi/english/?id=1395 Tove Jansson no Biografiakeskus, Suvi Ahola]</ref>. En 1928 publicou pola primeira volta, versos e ilustracións, nas revistas ''Allas Krönica'' e ''Julen''<ref>Westin, Boel (2013) ''Tove Jansson: Ord, bild, liv''. Albert Bonniers Förlag</ref> e en 1929 publicouapareceu na revista infantil suecofinlandesa ''Lukentus'' a súa serie de banda deseñada ''Prickinas och Fabians äventyr''. En 1930 marchou a Estocolmo para estudar na [[Konstfack|escola técnica]] desa capital. No ano 1933 volveu a Helsinqui e publicou o seu primeiro libro ''Sara och Pelle och neckens bläckfiskar'' co pseudónimo de Vera Haij<ref>Westin, Boel (1988) ''Familjen i dalen: Tove Janssons muminvärld'' Bonniers, p. 295</ref> mentres iniciaba estudos na [[Academia de Belas Artes, Helsinki|Escola de Deseño]]
 
== Notas ==