August Burns Red: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 13:
}}
 
'''August Burns Red''' é unha banda de [[Metalcore]] orixinaria de [[Lancaster (Pennsylvania)|Lancaster]], [[Pennsylvania]]. Constituído en marzo do 2003, o grupo comezou as súas actuacións cando a maior parte dos seus compoñentes aínda cursaba o último curso do instituto e non tardaron en dar concertos nos arredores da súa cidade natal, antes de firmar con CI Records e, máis tarde, con Solid State Records. As súas influencias principais, segundo a propia banda, son Between the Buried and Me, [[Misery Signals]] e Hopesfall.
 
== Historia ==
Liña 22:
=== ''Messengers'' (2007-2009) ===
O seu segundo álbum, ''Messengers'', publicouse o 19 de xuño do 2007. O álbum xa vendera máis de 108.000 copias en maio do 2011 e chegou ata o posto número 81 no [[Billboard 200|''Billboard''200]].<ref>http://web.archive.org/20121103154852/www.billboard.com/bbcom/retrieve_chart_history.do?model.chartFormatGroupName=Albums&model.vnuArtistId=625613&model.vnuAlbumId=948153</ref>
Durante o ano 2008, August Burns Red participou nunha serie de actos en Norteamérica e Europa para promocionar ''Messengers''. Dende abril ata maio estiveron de xira con As I Lay Dying e [[Misery Signals]] nos Estados Unidos e Canadá.<ref>{{cita web |url =http://www.metalunderground.com/news/details.cfm?newsid=34090 |título = Misery Signals Announce Tour With As I Lay Dying |fecha = 20-02-2008 |fechaacceso = 19-06-2008 |editorial = MetalUnderground.com}}</ref> En setembro e outubro dese mesmo ano encabezou unha xira con A Skylit Drive, Sky Eats Airplane, Greeley Estates e [[This or the Apocalypse]] polos Estados Unidos.<ref>{{cita web|url=http://www.thegauntlet.com/article/3501/14004/August-Burns-Red-Selling-Out-Venues-On-Their-Fall-Headline-Tour.html#axzz11pBfX7Xg |título=Tour dates|autor=jason |fecha=29-09-2008 |obra=The Gauntlet}}</ref> O grupo tamén visitou Europa nunha xira dun mes que pasou por Alemaña, Finlandia, Noruega, Suecia, o Reino Unido, Irlanda, Irlanda do Norte, Italia, Bélxica, os Países Baixos, a República Checa, Eslovaquia e Francia.
 
Despois desta serie de xiras, a banda gravou dúas versións de cancións populares. Unha versión instrumental da canción clásica, "Carol of the Bells" para o álbum recopilatorio X Christmas, que foi incluído nos trailers da película The Spirit, publicado o día de Nadal do 2008, e unha versión de "... Baby One More Time" de Britney Spears para o álbum recopilatorio Punk Goes Pop 2, lanzado en marzo do 2009.