Diferenzas entre revisións de «Misery Signals»

sen resumo de edición
(Nova páxina: "{{Grupo_musical | nome = Misery Signals | imaxe = thumb|Misery Signals | lenda = | orixe = M...")
 
 
==Historia==
==='''Formación (2002-2003)'''===
Misery Signals formouse despois da separación de varias bandas, entre elas 7 Angels 7 Plagues, Hamartia e Compromise. Fundárona Ryan Morgan e Kyle Johnson, que abandonaron os estudos e o traballo para se centrar en
sacar material, ata que se lles uniu Jeff Aust (Hamartia) á guitarra, Jesse Zaraska (Compromise) e o irmán de Ryan, Branden, á batería.
No medio dunha minixira na primavera de 2003, Jeff Aust deixa a banda e substitúeo Stuart Ross. A súa primeira gravación é un EP de 6 cancións e 25 minutos. O traballo amosa o desexo e a desesperación do grupo no seu esforzo por crear nova música malia a desaparición das súas bandas anteriores .
 
==='''Firma con Ferret Music (2004-2009)'''===
O grupo firmou coa discográfica Ferret Music, que editou o seu primeiro LP, ''Of Malice and the Magnum Heart'',no 2004. O disco tivo unha boa acollida por parte da crítica e foi presentado nunha xira polos [[Estados Unidos]], [[Canadá]], [[Europa]] e [[Xapón]] xunto con bandas como Dillinger Escape Plan, [[Bleeding Through]], Strapping Young Lad ou Zao.
 
En xullo do 2008, Misery Signals publicou o seu terceiro LP, ''Controller'', pero despois dunha longa xira de promoción do disco a comezos do 2009, os membros do grupo decidiron tomar camiños musicais diferentes máis alá de Misery Signals.<ref>http://lambgoat.com/news/view.aspx?id=15315</ref>
 
==='''Proxectos paralelos'''===
Schubach emprendeu un proxecto de [[heavy metal]] en paralelo que recibiu o nome de Solace. Neste proxecto el foi o único membro da banda encargado de gravar a guitarra, o baixo e as voces nun estudio caseiro. A batería engadíaselle posteriormente de xeito dixital. Para financiar este proxecto, Schubach empregou o sistema de crowd funding e participou como vocalista nunha canción do grupo de metal-hardcore británico The Divided.<ref>http://archive.today/bKWQj</ref>
 
No 2010, Stuart Ross converteuse no ''frontman'' de Living with Lions, un grupo de pop-punk de Vancouver. Ross deixou de maneira oficial Misery Signals o 25 de setembro do 2010 para centrarse en Living with Lions, canso de tocar [[heavy metal]].<ref>http://lambgoat.com/news/view.aspx?id=15133</ref> En outubro do 2010, Kyle Johnson tamén anunciou a súa saída da banda.<ref>http://www.absolutepunk.net/showthread.php?t=1968932</ref>
 
==='''Absent Light (2011-actualidade)'''===
Despois dun considerable período de inactividade, Misery Signals publicou en novembro do 2010 un comunicado oficial sobre o estado do grupo. Este comunicado de prensa abordou a saída da banda de Ross e de Jonhson e anunciaba que a banda non se separara. Ryan Morgan comentou que "nos vindeiros meses volverémonos xuntar e voltaremos". Sobre a continuidade do estilo do grupo e do seu nome, Morgan afirmou que "Stu e Kyle fixeron grandes contribucións, pero a traxectoria da banda segue sendo a mesma na súa ausencia. Se chegase un momento no que o noso son tomase un camiño totalmente diferente, entón xa non sería Misery Signals, e non finxiríamos o contrario".<ref>http://noisecreep.com/misery-signals-lose-members/</ref>
 
25

edicións