Sahagún, León: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Arranxos
Liña 1:
{{Outroshomónimos|Sahagún}}
[[Ficheiro:PanoSahagún2.jpg|500px|miniatura|Panorámica de Sahagún]]
'''Sahagún''' é unha vila e [[municipio]], situada no surestesueste da [[provincia de León|León]], na [[comunidade autónoma]] de [[Castela e León]]. Contaba en [[2008]] con 2.858 habitantes.
 
==Historia==
Xorde a poboación á beira dun mosteiro, consagrado ós [[Santos Facundo e Primitivo]]. Este mosteiro foi destruído e reconstruído varias veces, e adquiriu grangrande importancia no reinado de [[Afonso III de Asturias|Afonso III "O Magno"]], chegando ó seu maior esplendor no reinado de [[Afonso VI de León e Castela|Afonso VI]], quen concede, o 25 de novembro de 1085, un vantaxoso foro con leis e exencións a cantos quixesen vir poboar a nova vila de San Facundo. É o coñecido como [[Foro de Sahagún]], concedido ao [[abade]] e á vila; este feito conduciu a un extraordinario crecemento en tódolos sentidos do mosteiro e da vila. A importancia da congregación monástica foi tal que foi denominado o "Cluny español", e á sombra do mosteiro naceu un dos burgos máis importantes da Baixa [[Idade Media]] Hispana. A vila converteuse nun dos focos culturais máis importantes da nosa historia de España e entre os seus muros conviviron homes das máis distintas razas e culturas, desde comerciantes francos e doutras nacionalidades ata [[mudéxar]]es, xudeus, e doutras diversas etnias.
 
Nalgún momento a tensión entre os burgueses comerciantes, artesáns... deu lugar a situacións conflitivas. Neste sentido, as revoltas burguesas facundinas contra o abusivo poder abacial, son paradigma en toda a Coroa de Castela Medieval tanto pola súa importancia como polo coñecemento que diso se ten (destacan tamén as de [[Santiago de Compostela]]).
 
O século XII foi sen dúbida a época dourada da vila e o mosteiro. Un documento excepcional que certifica algúns dos máis importantes feitos son as chamadas '''Crónicas Anónimas'''. Constatouse a existencia de dous períodos: o primeiro comprende desde a fundación do mosteiro ata o ano 1117; a segunda crónica relata as ''rebelións burguesas'' sucedidas entre 1237 e 1255.
 
Así, a Abadía converteuse na máis importante do [[Camiño de Santiago]], chegando a estender o seu poder con xurisdición sobre case un centenar de mosteiros, conventos e igrexas, desde o Cantábrico ata a provincia de [[provincia de Segovia|Segovia]]. A importancia da Abadía no contexto hispano foi tal que chegou a posuír a súa propia Universidade, privilexio concedido por [[Clemente VI]] en 1347; con [[Bieito XIII, antipapa|Bieito XIII]], en 1403 podíanse cursar xa os estudos de [[Teoloxía]], Dereito Canónico e Artes Liberais. A institución alcanzou tal apoxeo que chegou a intercambiar honras coa [[Universidade de Salamanca]] e proveu de catedráticos á de [[Universidade de Alcalá de Henares|Alcalá de Henares]], sendo matriz da [[orde de San Bieito]] en España ata o século XVI.