Leonor de Aquitania: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
*Pirineo>Pireneo
Liña 30:
Cando [[Ricardo Corazón de León]] volvía da cruzada, foi capturado en [[Austria]]. Leonor indignada pola falta de reacción por parte do Papa (quen protexía normalmente os cruzados), escríbelle para recriminarlle a súa actitude e pedirlle axuda para rescatar o seu fillo. Ela mesma foi quen entregou o rescate a [[Henrique VI do Sacro Imperio Romano Xermánico|Henrique VI]], fillo de [[Federico I Barbarroxa]] no inverno de [[1193]].<ref>Labande, p. 100-104</ref>.
 
No [[1200]], con oitenta anos, da mostras dunha gran fortaleza cando decide viaxar cara a [[Castela - Castilla|Castela]], cruzando os [[PirineosPireneos]] para escoller entre as súas netas, as infantas de Castela - fillas da súa filla Leonor e de [[Afonso VIII de Castela]]- a que sería a esposa do fillo de [[Filipe II de Francia]], o futuro [[Luís VIII de Francia|Luís VIII]]. A escollida foi [[Branca de Castela|Branca]], unha das máis célebres raíñas de [[Francia]], rexente do reino en tres ocasións e modelo de virtude e habilidade política.
 
Leonor de Aquitania, finou o [[1 de abril]] de [[1204]] en [[Fontevrault]] ós 82 anos, sendo sepultada alí mesmo co seu esposo [[Henrique II de Inglaterra|Henrique II]] e co seu fillo [[Ricardo I de Inglaterra|Ricardo Corazón de León]].