Anticodón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:TRNA-Phe yeast engl.svg|miniatura|dereita|Estrutura secundaria dun ARNt co anticodón en vermello.]]
 
O '''anticodón''' é unha secuencia de tres nucleótidos ou triplete que se encontra no extremo do brazo anticodón dos [[ARNt]], e que exerce un importante papel na síntese de [[proteína]]s nos [[ribosoma]]s. A información utilizada directamente para a síntese de proteínas encóntrase nos [[codón]]s do [[ARNm]]. A sucesión de codóns do ARNm determina a secuencia de [[aminoácido]]s da proteína, xa que conforme o ARNm vai pasando polo ribosoma é descodificado. O encargado de traer os aminoácidos ao ribosoma é o ARNt, e o anticodón é fundamental para que se introduza en cada momento o aminoácido correcto que se debe enlazar na cadea proteica en crecemento. Durante a [[tradución (proteínas)|tradución de proteínas]] o anticodón únese ao codón.