Ikurriña: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 32 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q235475
lig int
Liña 14:
 
== Historia ==
Segundo explicaba Arana (por exemplo, en 1895, por boca dun personaxe ''bizkaitarra'' en ''[http://www.sabinetxea.org/libro/libro/11.html La bandera fenicia]''), o deseño da bandeira baseouse no do escudo de Biscaia. Ten un fondo vermello, cor do señorío de Biscaia e, segundo Arana, cor do antigo fondo do escudo. Sobre este fondo, superpónse unha aspa verde, símbolo do apóstolo [[Andrés o Apóstolo|Santo Andrés]], patrón de Biscaia, tomada das sete cruces da bordura do escudo. Simbolizaría a independencia biscaina por terse acadado o día de Santo Andrés a [[batalla de Arrigorriaga|vitoria de Arrigoriaga]] contra os españois. Á cruz de Santo Andrés superponse unha cruz branca, símbolo da relixión católica, como a que aparece inserida no carballo do escudo. Esta orde na colocación das cruces significaba que a lexislación biscaína debía "''supeditarse en todo ás leis relixiosas e morais''".
 
Segundo explicaba Arana (por exemplo, en 1895, por boca dun personaxe ''bizkaitarra'' en ''[http://www.sabinetxea.org/libro/libro/11.html La bandera fenicia]''), o deseño da bandeira baseouse no do escudo de Biscaia:
Ten un fondo vermello, cor do señorío de Biscaia e, segundo Arana, cor do antigo fondo do escudo.
Sobre este fondo, superpónse unha aspa verde, símbolo do apóstolo [[Andrés o Apóstolo|Santo Andrés]], patrón de Biscaia, tomada das sete cruces da bordura do escudo. Simbolizaría a independencia biscaina por terse acadado o día de Santo Andrés a [[batalla de Arrigorriaga|vitoria de Arrigoriaga]] contra os españois.
Á cruz de Santo Andrés superponse unha cruz branca, símbolo da relixión católica, como a que aparece inserida no carballo do escudo. Esta orde na colocación das cruces significaba que a lexislación biscaína debía "''supeditarse en todo ás leis relixiosas e morais''".
 
A verba ''ikurriña'' é tamén creación de Arana, un neoloxismo procedente de ''ikur'' (''simbolo'' en éuscaro) que pretendía traducir ó [[éuscaro]] o vocábulo [[lingua castelá|castelán]] ''bandera'' (compárese coa voz catalana ''[[senyera]]''). Na práctica úsase só, tanto en castelán como en éuscaro, para referirse a esta enseña en concreto. Actualmente as grafías máis habituais son ''ikurriña'' en castelán e ''ikurrin(a)'' en vasco.
 
Arana deseñou bocetos de bandeiras para outros territorios vascos, pero non se chegaron a difundir. A ikurriña, inicialmente símbolo de Biscaia, converteuse nuns anos en símbolo do [[Comunidade Autónoma Vasca - Euskal Autonomia Erkidegoa|País Vasco]], arreconchegando símbolos máis antigos como o ''[[lauburu]]'' ou o ''[[arrano beltza]]'' (aguia negra) do [[Reino de Navarra]]. Adoptouse como enseña oficial do País Vasco en [[1934]], pero foi ilegalizada polo goberno militar sublevado en 1936. Durante o goberno de Francisco Franco a súa exhibición foi duramente perseguida en España, o que a converteu nun símbolo anti-franquista. En parte por iso, foise popularizando no [[País Vasco francés]]. Durante os inicios da transición española trala morte de Franco, a súa exhibición seguiu sendo castigada en ocasións, pero relaxouse a presión. Así, por exemplo, o 5 de decembro de 1976, ó inicio dun partido de fútbol entre a Real Sociedad de San Sebastián e o Athletic Club de Bilbao, os capitáns de ambos equipos saíron ó campo portando unha ikurriña, sen ser detidos. O 19 de xaneiro de 1977 volveu a permitirse o seu uso en España, e en 1979 o estatuto dado ComunidadePaís Autónoma VascaVasco recoñeceuna como a bandeira oficial.
 
[[Ficheiro:SPM Flag.png|miniatura|dereita|[[Bandeira de San Pedro e Miquelón]], Francia.]]
 
Utilízana tamén os nacionalistas vascos en [[Navarra]]. No [[País Vasco francés]], aínda que non é oficial, é un símbolo aceptado pola práctica totalidade dos habitantes como símbolo cultural.