Manuel Taboada Cid: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
sucesión
Liña 2:
 
==Traxectoria==
Fillo de [[Xesús Taboada Chivite]], empezou a súa afección pola investigación da man do seu pai. Estudou na Academia Verinense e no Instituto Otero Pedrayo de [[Ourense]]. Comezou os estudos universitarios na [[Facultade de Filosofía e Letras]] da [[Universidade de Santiago de Compostela]] en [[1963]] e despois inscribiuse en Filoloxía Románica.
 
En [[1968]] foi lector de español no Lycee de Garçons de [[Auch]] ([[Francia]]). Retornado a España, recibiu unha bolsa do Departamento de Filoloxía Románica para realizar traballos de campo. En [[1971]] acadou a licenciatura co traballo "Vocabulario y notas etnográficas de la Mezquita (Ourense)" e comezou a impartir clases no Instituto Otero Pedrayo de Ourense. En 1972 retornou ás aulas universitarias de Compostela. Nomeado Director Xeral de Política Lingüística (1986-1987), impulsou o uso do galego, galeguizando a administración dos centros docentes.